jueves, 12 de diciembre de 2013

OS MICOLECTORES



Os Micolectores! Este é o nome do club de lectura formado por un grupo de alumnos e alumnas de sexto, que se reune cada mércores na biblioteca, despois de xantar.
Aí tedes o seu primeiro libro lido, O paso do esquecemento, de Antón Riveiro Coello, que nos deu a coñecer a chegada dos romanos a Galicia e a lenda do río Limia. Tamén está  o cartel con ilustracións que elaboraron a partir da lectura.
Agora mesmo están  lendo un libro de poemas titulado Domingo de pipiritingo,  de María Jesús Jabato e que tamén fala da perda da memoria.
 
Despois da lectura dos poemas animáronse a escribir algo relacionado co tema e isto foi o que saiu.ENTRA E LE.


E este será o próximo libro que leamos.
protagonista deste libro é unha nena de dez anos  chamada Nassima, que vive en Afganistán, país que está baixo mandato dos talibáns. Dende a súa chegada  todo se complica xa que se prohíben moitas cousas. É entón cando  Said, o pai de Nassima, decide que deben abandonar o país por se lles pasa algo malo a Nassima e á súa muller Nadia. Viaxarán no medio dunhas  alfombras para non ser descubertos durante a viaxe.
Ademáis, Nassima e o seu amigo Mohamed non queren separarse...
Pero non  contamos máis, hai que lelo á volta das vacacións de Nadal!

miércoles, 11 de diciembre de 2013

AGASALLAR CO GALEGO NO NADAL!

Aquí vai unha  pequena mostra de libros e música  que  podedes pedir ao Apalpador, aos  Reis Magos, a Papá Noel, ao Olentzero ou a quen vos queirades!
ENTRA NA "TENDA", MIRA, ESCOLLE E PIDE A ALGÚN PERSONAXE MÁXICO!

sábado, 7 de diciembre de 2013

ATA SEMPRE, MADIBA!




Nelson Rolihlahla Mandela (Sudáfrica, 1918- 2013)

Foi un político e abogado sudafricano. Despois de estar preso no cárcere máis de 27 anos, inda que estaba condenado de por vida, foi liberado. Máis adiante,recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 1993 e foi elixido, democráticamente, presidente do seu pais, Sudáfrica, dende o ano 1994 ao 1999.

Toda a súa vida loitou para construir unha Sudáfrica sen “Apharteid”, na que negros e brancos tiveran os mesmos dereitos.

Cando estaba no cárcere, para poder soportar os momentos difíciles, lía a miúdo un poema do poeta inglés William Ernest Henley (1849–1903), titulado “Invictus”, cuxos dous últimos versos Madiba se repetía a sí mesmo: 
Son o amo do meu destino: Son o capitán da miña alma.
                              Invictus
                                 (tradución libre ao galego)


 Máis alá da noite que me cobre

Negra coma o abismo sen fin,

Agradezo aos deuses se existen

Pola miña alma inquebrantable.


Caído nas gadoupas da circunstancia

Non chorei nin pestanexei.

Baixo os golpes do destino

A miña cabeza está ensanguentada, pero ergueita.


Máis alá deste lugar de cólera e bágoas

Xace o horror da sombra,

Non obstante, a ameaza dos anos

Atópame e atoparame sen medo.


Non importa o estreita que sexa a porta,

Que cargada de castigos a sentenza,

Son o amo do meu destino:

Son o capitán da miña alma. 

Escoita a U2 cantando a canción  Ordinary love, dedicada a Mandela.


Se queres saber máis sobre a figura de Nelson Mandela mira este documental sobre a súa vida.

Tamén podes  ver a película Invictus dirixida por Clint Eastwood, cuxa sipnose podes ler a continuación.
 
  • A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo.



  • A educación é o gran motor do desenvolvemento persoal. É a través da educación como a filla dun campesiño pode se converter en médico, o fillo dun mineiro pode se  converter en xefe de mina ou o fillo de traballadores agrícolas pode chegar a ser presidente dunha gran nación.

  • Serei un máis entre os anciáns da nosa sociedade, serei un máis dos habitantes da poboación rural, un preocupado polos nenos e polos mozos do noso país; e serei un cidadán do mundo comprometido, mentres teña forzas, coa tarefa de conseguir unha vida mellor para as persoas en todas partes.

  • Non me xulgues polos meus éxitos, xúlgame polas veces que me caín e volvín erguerme.

  • É o deber dos xornalistas examinar a conduta das figuras públicas e expoñelas á luz.

  • Loitar contra a pobreza non é un asunto de caridade, senon de xustiza.



  • Derrubar e destruír é moi fácil. Os heroes son aqueles que constrúen e traballan pola paz.

jueves, 14 de noviembre de 2013

O PRESTIGE, DE ACTUALIDADE NOS XORNAIS



 Algúns de vós non nacerades, outros erades pequenos, á maioría non vos soará iso do PRESTIGE, pero ese nome irá asociado para sempre á maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e a unha das máis grandes do mundo.
 
Pide estes libros na biblioteca e infórmate!



viernes, 1 de noviembre de 2013

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL

Do 4 ao 10 de novembro celebraremos a semana da tradición oral.
Contos tradicionais, adiviñas, refráns, trabalinguas... que nos conectan cos nosos avós e tataravós e con aqueles lonxanos tempos nos que os animais falaban e a xente os entendía.
Busca na biblioteca algúns destes libros:
Cabalo buligan de Xerais con todas as recopilacións de contos tradicionais, da man de Reigosa e Miranda.
Dediños de Tambre - Edelvives
Contos populares de A Nosa Terra
Algúns libros  da colección Ler é vivir de Everest Galicia
Algúns libros  de Montaña encantada de Everest Galicia

 En internet, busca nas seguintes páxinas:
A páxina de Galicia encantada
A páxina de Orella pendella
Refraneiro galego de Taboada Chivite
Lendas galegas en Galicia espallada
E para ir abrindo boca aquí  tedes un libro LIM de adiviñas ENTRA. e un caderno de trabalinguas. ENTRA.



PARABÉNS Á LITERATURA GALEGA

Nestas semanas a lingua e a cultura galega recibiron dous premios nacionais.
O Premio Nacional de Poesía foi concedido ao coruñés Miguel Álvarez Torneiro pola súa obra "Os ángulos da brasa".






O Premio Nacional de Cómic 2013 acaba de ser concedido ao tamén coruñés, o debuxante e escritor Miguelanxo Prado pola súa obra "Ardalén".
Parabéns aos premiados e parabéns á lingua e cultura galega con tantos recoñecementos!

domingo, 27 de octubre de 2013

ALIMENTOS VEXETAIS

Para aprender a coñecer todo o que podemos cultivar nas nosas hortas, entra aquí. 
HORTALIZAS.
FROITAS.
LEGUMES.
CEREAIS.
FROITOS SECOS.

SAMAÍN

Libros de medo para o Samaín!  Están á vosa disposición na antesala da biblioteca, para levar en empréstito nestes días de ponte.

EQUIPO DE COLABORADORES DE BIBLIOTECA

Este é o equipo de colaboradores da biblioteca deste ano. Por certo, todas son rapazas. Que pasa cos rapaces?
Dende aquí dámoslle as grazas por dedicar un  pouquiño do seu tempo libre  a colaborar desinteresadamente, axudando ao demais alumnado na biblioteca cando o precisa.

domingo, 15 de septiembre de 2013

XOGOS POPULARES



Este ano acabamos de crear na entrada do cole unha zona con xoguetes para ser utilizados nos recreos. Ademais de recuperar xogos tradicionais coma o da buxaina ou as bólas, desenvolveremos, a través deles, a habilidade manual, a destreza visual, a coordinación óculo-manual... E, por si isto fora pouco, gozaremos xogando  cos nosos compañeiros e compañeiras.
A ver quen se proclama este curso campión ou campioa de lanzamento de buxaina!

OINK! OINK!

OINK! OINK! 
 Rapazas e rapaces estade moi atentos, porque esta semana un bravo xabarín ( non sabemos se escapado do montes do Candán) aparecerá no colexio para acompañarvos ao longo do curso!


E para facervos máis levadeira a espera, enredádevos escoitando a canción Longas Merendas, de Xenderal e Lydia Botana e, de paso, descubrindo como se grava unha canción nun estudio de gravación.

COMEZA O NOVO CURSO!



Benvidos rapaces e rapazas! Comeza  un novo curso e tamén un novo proxecto. Este ano titúlase "Somos agricultores, coidamos a terra". E que aprenderemos?
Investigaremos sobre os inicios da agricultura, sobre a maneira de cultivar respetando o medio ambiente e os ritmos naturais das plantas. Tamén nos fixaremos na lúa á hora de sementar, como fixeron, dende sempre os nosos sabios avós e avoas, tataravós e tataravoas e faremos unha  hortiña.
 Descubriremos poemas, cancións, xogos, música, pintura..., relacionadas coa agricultura e os alimentos.
E, por suposto, faremos visitas, coma  o ano pasada, relacionadas co noso proxecto!
Enchédevos de enerxía e curiosidade para comezar a marabillosa aventura de aprender algo novo cada día!

martes, 11 de junio de 2013

PROXECTO AUGA: EXCURSIÓN Á FERVENZA DO RÍO TOXA


Visitar a  fervenza do río Toxa, outro dos afluentes do río  Deza, que da nome á  nosa comarca, foi o segunda saída programada dentro do proxecto da auga.
Estas son algunhas das imaxes.
COMEZA O ROTEIRO.

BAIXANDO AO MIRADOIRO.

A FERVENZA VISTA DENDE O MIRADOIRO.

SEMELLAN  DÚAS COROAS!

AO PÉ DA FERVENZA.

A ALGÚNS GUSTARÍALLE METERSE NA AUGA!

QUE BO ESTABA O BOCADILLO!
CARBALLOS E SOBREIRAS ACOMPÁÑANNOS AO LONGO DO CAMIÑO.



martes, 4 de junio de 2013

PROXECTO AUGA: EXCURSIÓN AO MOSTEIRO DE CARBOEIRO


        Os de infantil tamén se atreveron a pasar pola Ponte do Demo!
 No pombal, onde os monxes criaban pombas para despois comelas.

 
  
 Na entrada principal do mosteiro de Carboeiro.



                           Xogando coas augas e os pelouros  do río Deza.

viernes, 17 de mayo de 2013

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para celebrar o Día das Letras Galegas xuntámonos todos na  biblioteca. Alí tivemos a oportunidade de escoitar unha entrevista  feita pola xornalista  Ainara ao mesmiño roberto Vidal Bolaño! Tamén houbo dramatizacións de fragmentos das súas obras de teatro e lectura de poemas sobre a auga, o proxecto deste ano.