XOGOS POPULARES
Este ano acabamos de crear na entrada do cole unha zona con xoguetes para ser utilizados nos recreos. Ademais de recuperar xogos tradicionais coma o da buxaina ou as bólas, desenvolveremos, a través deles, a habilidade manual, a destreza visual, a coordinación óculo-manual... E, por si isto fora pouco, gozaremos xogando cos nosos compañeiros e compañeiras.
A ver quen se proclama este curso campión ou campioa de lanzamento de buxaina!
No hay comentarios:
Publicar un comentario