lunes, 11 de junio de 2018

A corva.

Hoxe, como festa final da biblioteca... Espectáculo de Cristina Collazo " a corva"
Pasándolo xenial.

sábado, 2 de junio de 2018

Premios e despedidas.

Chega o final de maio e con el a despedida de Hanna, a auxiliar de conversa, que colaborou os mércoles na nosa biblio cun achegamento aos peques e aos momentos de lecer na biblioteca escolar.
Así, da man dela, e logo dun resumo do vivido este curso na biblio, facemos entrega de premios aos voluntarios, que foron axudantes de biblioteca e un cariño aos lectores de sexto, animando a que sigan indo á biblioteca, agora do IES.

Apadrinamentos lectores.

De cando os maiores len aos máis pequenos e istes gozan da lectura.

miércoles, 16 de mayo de 2018

María Victoria Moreno

Hoxe, para conmemorar o Día das Letras Galegas....variedades de actividades cos seus contos....e obradoiro de chapas na biblioteca

martes, 15 de mayo de 2018

Chega o Día das Letras Galegas.

Este ano celebrámolo con obradoiro na biblio de chapas de María Victoria Moreno.

A favor da diversidade.

Coincidindo coa Festa do "cocido gay" que se celebra no noso pobo, e continuando con proxecto de biblioteca de este ano,... Mudamos o taboleiro da entrada da biblioteca, enchéndo de cores e respectando as diferentes sexualidades.

viernes, 27 de abril de 2018