martes, 26 de enero de 2016

A LANTERNA MÁXICA

Ese é o nome do club de cine que imos facer este curso cos rapaces e rapazas de quinto e sexto. E este é o cartel tan bonito que fixeron as rapazas.
Gústanos moito!
 A primeira película que imos ver e Generación robada, Phillip Noyce.


MOCHILAS VIAXEIRAS 2016!

En xaneiro, chegan as mochilas viaxeiras, desexosas de coñecer as casas dos rapaces e de ser compartidas en familia. A gozar!


A CARTA DO APALPADOR PREMIADA!

Onte foi día de sorpresas e boas noticias! A carta que escribiron os nenos e nenas de infantil foi premiada nun concurso organizado pola Deputación de Lugo. 
Como os nenos lle pedían na carta xoguetes de madeira, o Apalpador envioulles quebracabezas en forma de castañas, unha corda para aprender a saltar e un xogo do Xabarín para aprender a escribir! Que sorte!

A VISITA DOS CACHARELOS

Onte tivemos unha visita moi agradable: a dos cacharelos. Entraron na biblioteca facendo soar as chocas e con toxos na man pra picar no cu aos que non se disfrazan no antroido. 
Ao final quitaron as máscaras e ensináronolas e explicáronnos o significado das cores da vestimenta que usan.Velaí tedes a visita en fotos!
 

martes, 19 de enero de 2016

ENTROIDO

Sabíades que os personaxes do entroido de Lalín chámanse  cacharelos?  Están inspirados no cadro titulado O Mascarón,  de Laxeiro. Aquí os tedes!



Estes outros son os xenerais de Bandeira.

Con estes libros lim sobre o entroido, elaborados por compañeiros doutros colexios, coñeceremos os personaxes do entroido galego. cacharelos, boteiros, xenerais, irrios... e moitos máis!
ENTR.ENTRA. ENTRA.

DÍA DA PAZ

Para celebrar o Día da Paz, faremos sesión de contacontos. En infantil, primeiro e segundo leremos Maruxa  e Eduardo, o neno máis terrible do mundo.


En terceiro, cuarto quinto e sexto leremos Cuerdas e veremos a curta.

Despois de cada sesión haberá actividades de grupo relacionadas coa lectura.
Tamén haberá unha charla impartida por un saharahui para falarnos da difícil situación  que lles toca  vivir e realizaremos unha carreira solidaria para recadar fondos destinados a traer nenos saharahuis de vacacións a nosa comarca.

lunes, 11 de enero de 2016

MÁIS NOVIDADES

Algunhas novidades están xa no expositor da biblioteca. son as novidades de xaneiro.
 

LIBROS PARA O NADAL

Outro ano máis celebramos  o mercadiño de libros" Libros para o Nadal", con exemplares de segunda man procedentes do expurgo da biblioteca e de doazóns de pais  de alumnos  e profesores do colexio.
Cos cartos obtidos mercaremos novos libros e novas películas!