Benvidos rapaces e rapazas! Comeza un novo curso e tamén un novo proxecto. Este ano titúlase "Somos agricultores, coidamos a terra". E que aprenderemos?
Investigaremos sobre os inicios da agricultura, sobre a maneira de cultivar respetando o medio ambiente e os ritmos naturais das plantas. Tamén nos fixaremos na lúa á hora de sementar, como fixeron, dende sempre os nosos sabios avós e avoas, tataravós e tataravoas e faremos unha hortiña.
Descubriremos poemas, cancións, xogos, música, pintura..., relacionadas coa agricultura e os alimentos.
E, por suposto, faremos visitas, coma o ano pasada, relacionadas co noso proxecto!
Enchédevos de enerxía e curiosidade para comezar a marabillosa aventura de aprender algo novo cada día!

No hay comentarios:
Publicar un comentario