jueves, 14 de noviembre de 2013

O PRESTIGE, DE ACTUALIDADE NOS XORNAIS



 Algúns de vós non nacerades, outros erades pequenos, á maioría non vos soará iso do PRESTIGE, pero ese nome irá asociado para sempre á maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e a unha das máis grandes do mundo.
 
Pide estes libros na biblioteca e infórmate!




Un 2 de novembro de 2002, un buque petroleiro cargado con case 80.ooo toneladas de petróleo afundiuse fronte ás costas galegas liberando toda a súa carga contaminante e enchendo as augas e as praias de Galicia de chapapote. A contaminación foi tan grande que o chapapote chegou ata o norte de Portugal e ata as Landas , en Francia.
De toda Galicia, de toda España e de varios países de  Europa acudiron voluntarios que, coas súas propias mans, limparon as praias galegas durante moitos meses, poñendo en perigo a súa propia saúde.
Once anos despois, como vedes nos xornais destes días, os responsables desta traxedia, inxustamente, quedan libres de toda culpa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario