O venres 19 volvemos organizar o mercado de libros de segunda man, ao que chamamos "Libros para o Nadal". Todos os rapaces levaron polo menos un libro, así que todos poderán gozar da súa lectura, nestes días de vacacións, á beira dun bo lume.
martes, 23 de diciembre de 2014
lunes, 15 de diciembre de 2014
CONTACONTOS DO MATEMÁTICO RODRÍGUEZ
Hoxe tivemos un contacontos sobre a figura do matemático Rodríguez. Como sabedes, o zar Alexandro I de Rusia propúxolle dirixir o observatorio de Astronomía de San Petersburgo, cousa que rexeitou para dirixir o de Madrid.
O noso contacontos, enviado do zar, segue a buscar xenios entre os nenos e nenas dos colexios da comarca do Deza.
Seredes vós os próximos xenios?
Seredes vós os próximos xenios?
martes, 9 de diciembre de 2014
O MATEMÁTICO DE BERMÉS, O MEDIDOR DA TERRA
O próximo luns, día 15 de decembro, chegará ao colexio un contacontos que nos aproximará á figura de Xosé Rodríguez González ( 1770-1824), o matemático de Bermés, un dos sabios europeos da súa época.
Inda que chamado o matemático Rodríguez, Xosé González Rodríguez foi tamén teólogo, minerólogo, cristalógrofo, xeodesta, astrónomo e diputado por Galicia durante o Trienio Liberal (1820-1823). Ademais, ao matemático encantáballe a música e tamén bailar e tiña un gran sentido do humor.
O matemático Rodríguez soñou cunha Galiza na que a ciencia se fora extendendo polas Universidades ata chegar ata o último recanto de cada aldea, unha Galiza na que as súas xentes abandonasen o oscurantismo, propiciado pola monarquía e a igrexa. Así que hoxe o matemático estaría contento de que os nenos de Vilatuxe e de toda Galiza coñezan a súa figura e se acheguen ao mundo da ciencia! ENTRA AQUÍ!
WILLY, O NOSO VECIÑO DE BOTOS
O NADAL VAISE ACHEGANDO
O Nadal vaise achegando e con el os libros. Este é o noso recantiño de Nadal, especialmente do Apalpador, para que gocedes coas súas aventuras.
sábado, 22 de noviembre de 2014
CHEGOU MARCOS
Chegou Marcos e non nos defraudou, coa súa sabiduría, a súa sensibilidade e o seu agarimo polos rapaces, que son para el o mellor do mundo, xunto cos animais. Nós non esqueceremos a tenra despedida de ouveos dos lobiños e a resposta da mamá loba, no patio do colexio. Ata calquera día, Marcos!
miércoles, 19 de noviembre de 2014
ENTRELOBOS, ENTRENÓS
O venres, dentro do proxecto de biblioteca deste ano, proxectaremos a película Entrelobos de Gerardo Olivares. Entra aquí para coñecer a ficha técnica e a sipnose. ENTRA.
Despois da proxección teremos o pracer de ter entre nós a Marcos Rodríguez Pantoja, o protagonista real desa película, para poder facerlles todas as preguntas que, de seguro, a historia nos vai suscitar a todos.
martes, 4 de noviembre de 2014
RECURSOS PARA OS ECOSISTEMAS
Se picades no enlace, atoparedes variedade de recursos para investigar a aprender sobre os ecosistemas do noso contorno e sobre os ecosistemas en xeral. ENTRA E INVESTIGA!
SAMAÍN NA BIBLIOTECA
Entre cabazas acesas polos corredores e pinturas terroríficas, así celebramos o Samaín na biblioteca: coa creación dun recantiño de lecturas de medo e, por suposto, coa lectura de contos e proxección de curtas de medo!
jueves, 16 de octubre de 2014
ANTÓN COME SAN
Parabéns aos alumnos e alumnas que este ano están en cuarto e quinto de primaria e máis á súa profesora Inés Presas, porque o conto que escribiron o ano pasado, dentro do proxecto da biblioteca "Somos agricultores, coidamos a terra", titulado Antón come san, foi publicado na páxina de recursos da Secretaría de Política Lingüística da Consellería de Educación.
Aquí tedes o enlace para poder velo! ANTÓN COME SAN
martes, 14 de octubre de 2014
AS PRIMEIRAS NOVIDADES DA BIBLIOTECA
Comeza o curso e na biblioteca van entrando novos libros, para grandes e pequenos. Estes son algúns deles!
LENDO MATEMÁTICAS
Xa que este ano nas bibliotecas trata de fomentarse a lectura das matemáticas, nós tamén creamos un pequeno recanto de libros dedicado a elas que titulamos LENDO MATEMÁTICAS.
Animádevos a escoller estas lecturas e descubriredes que as matemáticas son moi divertidas!
Animádevos a escoller estas lecturas e descubriredes que as matemáticas son moi divertidas!
AS NORMAS DE MAFALDA
Aproveitando a pequena exposición para dar a coñecer o personaxe de Mafalda, elaboramos uns carteis con consellos e normas de Mafalda que colocamos ao lado da porta da biblioteca, que tamén cambiamos este ano, pintándoa de branco e poñéndolle un letreiro acompañado de Flapi, a mascota da nosa biblioteca.
OS ECOSISTEMAS DO NOSO CONTORNO
Inda que moi retrasados á hora de reflectilo no blog, o novo proxecto da biblioteca deste ano, OS ECOSISTEMAS DO NOSO CONTORNO, comezou a súa andaina o primeiro día de clase coa ambientación do taboleiro da biblioteca , con exposicións de libros sobre o tema e coa creación dunha poza por parte do alumnado de infantil, á entrada do colexio.
Miguel Agullo, antigo alumno deste colexio, garda forestal do distrito de Lalín, na actualidade, e bo coñecedor da riqueza ambiental do noso contorno, proxectou fotografías e falounos sobre a importancia da fauna e a flora dos nosos ríos, montes e fragas.
martes, 30 de septiembre de 2014
PARABÉNS PARA MAFALDA!
Iniciamos un novo curso escolar celebrando o cincuenta aniversario de Mafalda, a nena rebelde e protestona que odiaba a sopa.
Para
os que aínda non a coñezan, Mafalda é un personaxe de cómic creado,
hai cincuenta anos, por Quino, un humorista gráfico arxentino ao que
lle concederon o Premio Príncipe de Asturias 2014.
Aquí podedes ver un vídeo de Mafalda na escola.
O humorista gráfico Quino cos personaxes creados por el: Mafalda e os seus amigos Susanita e Manolito. |
sábado, 31 de mayo de 2014
OS NOSOS HÓRREOS E MUÍÑOS
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co Equipo de Biblioteca e con todas as familias, elaborou un libro sobre os nosos hórreos e muíños que está a ser imprimido en papel para poder levar ás casas. Pero mentras non o podemos ter entre as mans, publicámolo no blog para que lle vaiades botando unha ollada.ENTRA E MIRA!
sábado, 24 de mayo de 2014
CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS
O venres 16 tivemos doble celebración. Pola mañá, na biblioteca, recitamos poemas de Xosé María Díaz Castro e, pola tarde, saímos ao patio para espetar diante de cada árbore un letreiro co seu nome, para aprender a recoñecelos e nomealos. Ademais de colocar os letreiros, recitamos versos de diferentes poetas, galegos e e non galegos, nos que se referían a cada unha das árbores.
lunes, 5 de mayo de 2014
LETRAS GALEGAS
O escritor homenaxeado este ano polo día das Letras Galegas é o poeta lucense Xosé María Díaz Castro.
Os de infantil poden facer este libro LIM elaborado por compañeiros do colexio Mallón, aos que damos as grazas por compartir o seu traballo.
ENTRA.
Os de primeiro ciclo poden facer este.ENTRA.
Os de segundo ciclo, este.ENTRA.
Os de terceiro ciclo, estoutro.ENTRA.
No seguinte enlace atoparás moitos recursos sobre Díaz Castro.ENTRA.
E tamén aquí os atoparás.
ENTRA.
ENTRA.
ENTRA.
E MOITOS MÁIS RECURSOS!
jueves, 1 de mayo de 2014
A AGRICULTURA NA ARTE
Buscamos cadros, pintados por grandes pintores ao longo da historia, relacionados coa agricultura e expuxémolos no gran taboleiro da biblioteca.
Todos os cursos pasarán por alí para observar, mirar, comentar e escoller o cadro e o pintor preferido. Logo, cada un realizará a súa propia pintura inspirándose nos mesmos.
Todos os cursos pasarán por alí para observar, mirar, comentar e escoller o cadro e o pintor preferido. Logo, cada un realizará a súa propia pintura inspirándose nos mesmos.
CONCURSO SOBRE AGRICULTURA
Os rapaces e rapazas dos tres ciclos de primaria participaron nun concurso organizado pola biblioteca sobre agricultura familiar, o proxecto deste ano. Tiveron que contestar as preguntas de tres cuestionarios diferentes, un por ciclo.
Onte á tarde, na biblioteca, sorteáronse os libros, un por curso, entre todos os participantes no cncurso. Aí quedan as fotos do momento e dos afortunados, que neste caso, foron todos rapaces!
Onte á tarde, na biblioteca, sorteáronse os libros, un por curso, entre todos os participantes no cncurso. Aí quedan as fotos do momento e dos afortunados, que neste caso, foron todos rapaces!
sábado, 12 de abril de 2014
AGRICULTURA SOSTIBLE NA BIBLIOTECA
Lucas Requejo, dono da tenda Ultra-Alimento faloulles aos rapazes e rapazas dun modelo de agricultura sostible que pasa por ser respetuosos e coidar o medio ambiente, cultivando produtos sen engadirlle substancias químicas, reutilizando obxectos, en vez de tiralos ao lixo, e fabricando utensilios novos, coma as caixas palé, expositor- neveira con rodas...Sempre buscando alternativas á agricultura industrial, tan pouco respetuosa coa natureza.
COIDAMOS AS HORTAS
Aproveitamos a chegada do bo tempo para seguir a sementar nas nosas hortas. Agora tocoulle a quenda as patacas!
TENDA ECOLÓXICA
Os de infantil venden hortalizas ecolóxicas na tenda "Vilatuxe" e, de paso, aprenden a contar. Os letreiros foron elaborados polos nenos e nenas de primeiro ciclo.
VISITA Á PRAZA DE ABASTOS
Despois de ver a obra de títeres " A frauta máxica" de Viravolta, visitamos a Praza de Abastos de Lalín, visita encadrada dentro do proxecto de biblioteca "Somos agricultores, coidamos a terra". Despois de visitar os diferentes postos, centrámonos na tenda Ultra- alimento, unha tenda de produtos ecolóxicos, especialmente de hortalizas, cereais e legumes. Lucas Requejo, dono da tenda, explicounos a importancia, para a protección do medio ambiente e da nosa saúde, de comer produtos colleitados no contorno, sen produtos químicos engadidos.
TÍTERES NO SALÓN TEATRO
A mediados de marzo, acudimos ao Salón Teatro de Lalín para ver a nova obra de títeres de Viravolta, A frauta máxica, inspirada na ópera de Mozart do mesmo título.
Os nosos rapaces e rapazas, en primeira fila, gozaron da obra, que volveremos escoitar na aula de música.
sábado, 8 de marzo de 2014
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Para seguir a traballar na igualdade entre os nenos e nenas, todos estes libros están na biblioteca á vosa disposición. Pídeos!
E aquí tedes tres libros LIM elaborados por profesores de outros colexios coñecer a grandes mulleres traballadoras galegas.
PARA EDUCACION INFANTIL.
PARA PRIMEIRO CICLO.
PARA SEGUNDO E TERCEIRO CICLO.
E aquí tedes tres libros LIM elaborados por profesores de outros colexios coñecer a grandes mulleres traballadoras galegas.
PARA EDUCACION INFANTIL.
PARA PRIMEIRO CICLO.
PARA SEGUNDO E TERCEIRO CICLO.
jueves, 13 de febrero de 2014
RECURSOS PARA O PROXECTO "SOMOS AGRICULTORES, COIDAMOS ATERRA"
Pronto faremos un concurso sobre o tema deste ano: "Somos agricultores, coidamos a terra". Asi que, xa podes ir entrando e investigando, porque as respostas atoparalas aquí.ENTRA E INVESTIGA!
ROSALÍA DE CASTRO
ENTRA E MIRA.
Tamén podes escoitar dous poemas de Rosalía musicados: Negra sombra, cantado por Luz Casal e Adiós ríos, adiós fontes, cantado por Amancio Prada.
Os compañeiros do ceip Vales Villamarín de Betanzos realizaron esta presentación sobre a vida de Rosalía.
Rosalía de Castro
More PowerPoint presentations from biblioteca vales villamarin
AMOR, AMOR!
viernes, 7 de febrero de 2014
RECURSOS INFANTIL
ENTRA NO BOSQUE.
ENTRA NO BOSQUE II
Nesta entrada os nenos e nenas de infantil poderán atopar xogos para enredarse e aprender.
ENTRA NO BOSQUE II
Nesta entrada os nenos e nenas de infantil poderán atopar xogos para enredarse e aprender.
lunes, 3 de febrero de 2014
lunes, 27 de enero de 2014
MOCHILAS VIAXEIRAS
Hoxe pola tarde partiron as mochilas viaxeiras cargadas de libros e películas! Durante unha semana, acompañarán aos nosos nenos/as e ás súas familias coa intención de facerlles pasar momentos agradables de unión familiar. A gozar!
viernes, 24 de enero de 2014
ACTIVIDADES POLA PAZ
O venres que vén, para celebrar o día da Paz , veremos un documental sobre a vida dos nenos saharahuis, que como vedes na foto, apenas dispoñen de recursos nas súas escolas, e a profe Fátima contaranos, de primeira man, as súas experiencias entre eles.
Tamén veremos a curta Rubina, a vida dunha nena hindú, que soña con ser actriz.
Todo iso será pola mañá, porque pola tarde realizaremos, ao igual ca varios colexios da zona, unha carreira solidaria para recadar fondos destinados a traer de vacacións a nenos saharahuis.
Tamén veremos a curta Rubina, a vida dunha nena hindú, que soña con ser actriz.
Todo iso será pola mañá, porque pola tarde realizaremos, ao igual ca varios colexios da zona, unha carreira solidaria para recadar fondos destinados a traer de vacacións a nenos saharahuis.
miércoles, 8 de enero de 2014
O SOÑO DE RUBINA
Que foi de Rubina, a protagonista da película Slumdog Millonaire, premiada con oito Oscar en Hollywood? Descubrirémolo nesta magnífica curta e coñeceremos a vida actual , non só de Rubina, senon tamén de milleiros de rapaces e rapazas que viven unha dificilísima realidade.
NORMALIZADORAS DA LINGUA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)