O próximo luns, día 15 de decembro, chegará ao colexio un contacontos que nos aproximará á figura de Xosé Rodríguez González ( 1770-1824), o matemático de Bermés, un dos sabios europeos da súa época.
Inda que chamado o matemático Rodríguez, Xosé González Rodríguez foi tamén teólogo, minerólogo, cristalógrofo, xeodesta, astrónomo e diputado por Galicia durante o Trienio Liberal (1820-1823). Ademais, ao matemático encantáballe a música e tamén bailar e tiña un gran sentido do humor.
O matemático Rodríguez soñou cunha Galiza na que a ciencia se fora extendendo polas Universidades ata chegar ata o último recanto de cada aldea, unha Galiza na que as súas xentes abandonasen o oscurantismo, propiciado pola monarquía e a igrexa. Así que hoxe o matemático estaría contento de que os nenos de Vilatuxe e de toda Galiza coñezan a súa figura e se acheguen ao mundo da ciencia! ENTRA AQUÍ!
No hay comentarios:
Publicar un comentario