O venres 16 tivemos doble celebración. Pola mañá, na biblioteca, recitamos poemas de Xosé María Díaz Castro e, pola tarde, saímos ao patio para espetar diante de cada árbore un letreiro co seu nome, para aprender a recoñecelos e nomealos. Ademais de colocar os letreiros, recitamos versos de diferentes poetas, galegos e e non galegos, nos que se referían a cada unha das árbores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario