Inda que moi retrasados á hora de reflectilo no blog, o novo proxecto da biblioteca deste ano, OS ECOSISTEMAS DO NOSO CONTORNO, comezou a súa andaina o primeiro día de clase coa ambientación do taboleiro da biblioteca , con exposicións de libros sobre o tema e coa creación dunha poza por parte do alumnado de infantil, á entrada do colexio.
Miguel Agullo, antigo alumno deste colexio, garda forestal do distrito de Lalín, na actualidade, e bo coñecedor da riqueza ambiental do noso contorno, proxectou fotografías e falounos sobre a importancia da fauna e a flora dos nosos ríos, montes e fragas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario