domingo, 15 de septiembre de 2013

XOGOS POPULARES



Este ano acabamos de crear na entrada do cole unha zona con xoguetes para ser utilizados nos recreos. Ademais de recuperar xogos tradicionais coma o da buxaina ou as bólas, desenvolveremos, a través deles, a habilidade manual, a destreza visual, a coordinación óculo-manual... E, por si isto fora pouco, gozaremos xogando  cos nosos compañeiros e compañeiras.
A ver quen se proclama este curso campión ou campioa de lanzamento de buxaina!

OINK! OINK!

OINK! OINK! 
 Rapazas e rapaces estade moi atentos, porque esta semana un bravo xabarín ( non sabemos se escapado do montes do Candán) aparecerá no colexio para acompañarvos ao longo do curso!


E para facervos máis levadeira a espera, enredádevos escoitando a canción Longas Merendas, de Xenderal e Lydia Botana e, de paso, descubrindo como se grava unha canción nun estudio de gravación.

COMEZA O NOVO CURSO!



Benvidos rapaces e rapazas! Comeza  un novo curso e tamén un novo proxecto. Este ano titúlase "Somos agricultores, coidamos a terra". E que aprenderemos?
Investigaremos sobre os inicios da agricultura, sobre a maneira de cultivar respetando o medio ambiente e os ritmos naturais das plantas. Tamén nos fixaremos na lúa á hora de sementar, como fixeron, dende sempre os nosos sabios avós e avoas, tataravós e tataravoas e faremos unha  hortiña.
 Descubriremos poemas, cancións, xogos, música, pintura..., relacionadas coa agricultura e os alimentos.
E, por suposto, faremos visitas, coma  o ano pasada, relacionadas co noso proxecto!
Enchédevos de enerxía e curiosidade para comezar a marabillosa aventura de aprender algo novo cada día!