sábado, 26 de enero de 2013

FINA CASALDERREY NA RAG


As nenas e nenos galegos estarán representados na RAG (Real Academia Galega), a partir de agora, pola escritora pontevedresa Fina Casalderrey, que acaba de ser elexida numeraria da Real Academia Galega (é a quinta muller en contar cunha cadeira neste organismo).
A nova académica da RAG é autora dunha vasta obra, sobre todo no eido da literatura infantil e xuvenil. Á publicación da novela infantil Mutacións xenéticas en 1991 seguíronlle Dúas bágoas por máquina, A noite dos coroides, Chamizo, ¡Asústate, Merche! e O misterio dos fillos de Lúa. Con esta última gañou no ano 1995 o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil e o premio El Barco de Vapor. Da súa extensa bibliografía destacan outros títulos como O estanque dos parrulos pobres -co que acadou o premio Edebé de literatura infantil e xuvenil- ¡Prohibido cazar, papá!, Ás de mosca para Anxo, Bicos de prata, Eu son eu, Un misterio na mochila de Alba e ¿Quen me quere adoptar? Ademais destes galardóns parte da obra de Casalderrey foi traducida a varios idiomas.




Estes son algúns dos libros de Fina Casalderrey que temos na nosa biblioteca. Non os recoñecedes? Seguro que moitas e moitos de vós xa os lestes.



No hay comentarios:

Publicar un comentario