O día 30, Día da Paz, a profe Fátima mostrounos un vídeo e explicounos como é a vida diaria dos nenos e nenas saharauis que viven en campamentos, nun pedazo do deserto do Sáhara. Tamén nos contou como gozan cando veñen a Galicia de vacacións, no verán, con familias de acollida e como se sorprenden de todas as comodidades que temos aquí, pois a súa vida alí é moi dura e difícil. Para recaudar fondos cos que poder traer a nenos e nenas saharauis de vacacións a Galicia, o noso centro participará nunha carreira solidaria que se celebrará no colexio o luns 4 de febreiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario