O escritor Neira Vilas, veciño de Gres (Vila de Cruces), o pai de Balbino, o neno protagonista de Memorias dun neno labrego, morreu onte, 27 de novembro, pero déixanos moitas historias: O cabaliño de buxo, A marela taravela, O espantallo amigo, Memorias dun neno labrego e tantas outras.
Desde a biblioteca de Vilatuxe dicímosche que o teu recordo estará sempre no corazón de pexego dos nosos rapaces e rapazas.
Sobre o lombo do regueiro
navega unha xoaniña
nunha folla de salgueiro.
Vaise do eido nativo.
paisaxes que nunca tivo.
Dende o intre que embarcou
sente unha fonda morriña
do prado onde se criou.
Mentres deixa atrás o val
vai dicindo polo baixo:
“ volverei ó salgueiral “.
E unha mañá raioleira,
por entre vimbios e fentas
voltou a xoaniña andeira.
SUBIOTE
Subiote
meu chifrote
de ameneiro,
cantareiro,
paxariño
querendón.
Subiote,
meu chifrote
sempre amigo,
vas comigo
espallando
unha canción.
Subiote,
meu chifrote,
na camposa
todo amosa
o grileo
do teu son.
Subiote,
meu chifrote
recendente,
pau ridente,
bibimbao
do corazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario