Celebramos o Día da Paz na biblioteca, cunha charla e un documental sobre a vida dos nenos saharahuis.
Ademais, os nenos e nenas de sexto leron as cartas e mostraron os debuxos que lle enviaron un grupo de nenos saharahuis en contestación as enviadas por eles anteriormente. Así puidemos saber un pouco máis das súas dificultades diarias.
Para rematar, pola tarde, no pavillón, todo o colexio participou nunha carreira solidaria co fin de recadar fondos para poder traelos de vacacións a Lalín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario