sábado, 28 de febrero de 2015

CLUB DE LECTURA AS BOLBORETAS

As nenas de  quinto e sexto quixeron formar un club de lectura, así que, os mércores despois de xantar reunímonos na biblioteca para comezar co primeiro libro. É de Jimmy Liao e titulase La noche estrellada.
 

ANIVERSARIO DE ROSALÍA

Co colexio con moi pouco alumnado a causa da gripe, celebramos o día de Rosalía cunha exposición de fotos e poemas seus e lectura e recitado de poemas nas aulas.


CHARLA SOBRE ÁRBORES SENLLEIRAS

O venres, os axentes forestais do distrito do Deza viñeronnos falar sobre as aábores senlleiras da nosa contorna, unha delas aqui pertiño do colexio, un carballo centenario.

jueves, 19 de febrero de 2015

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Nos recreos algunhas axudantes de biblioteca inventan contos para os máis pequenos mesturando o kamisibai e os bonecos de guiñol. Os nenos quedan embobados escoitando as historias! Parabéns as axudantes!

EXPOSICIÓN SOBRE O ENTROIDO

Para coñecer un pouquiño o significado da palabra e da festa utilizamos esta pequena exposición con fotografías dos personaxes  máis representativos do noso entroido tradicional: peliqueiros,cigarróns, pantallas, boteiros... 



miércoles, 18 de febrero de 2015

NOVIDADES

A cada pouco van chegando as novidades a nosa biblioteca para acompañarvos nas horas de lectura.







MOCHILAS VIAXEIRAS

Co novo ano chegan  as mochilas viaxeiras, cargadas de libros e dvd para compartir e gozar en familia!





martes, 3 de febrero de 2015

DÍA DA PAZ

Celebramos o Día da Paz  na biblioteca,  cunha charla  e un documental sobre a vida dos nenos saharahuis. 
Ademais, os nenos e nenas de sexto leron as cartas e mostraron os debuxos que lle enviaron un grupo de nenos saharahuis en contestación as enviadas por eles anteriormente. Así puidemos saber un pouco máis das súas dificultades diarias.
Para rematar, pola tarde, no pavillón, todo o colexio participou nunha carreira solidaria co fin de recadar fondos para poder traelos  de vacacións a Lalín.