Seguindo co proxecto, esta semana os rapaces e rapazas de quinto e sexto construíron unha mámoa con dolmen dentro e os demais debuxamos petróglifos.
O dolmen, como ten que ser, tamén tiña o seu defunto dentro.
É o dolmen do Yingko.
sábado, 12 de diciembre de 2015
sábado, 5 de diciembre de 2015
COMEZAMOS O PROXECTO
Informámonos nas aulas, de infantil a primaria, sobre os petróglifos, mámoas e dolmens e logo, na aula de informática, tivemos a sorte de contar co arqueólogo Víctor Álvarez que nos falou sobre arqueoloxía e a prehistoria na nosa comarca.
sábado, 28 de noviembre de 2015
DEIXOUNOS O PAI DE BALBINO
O escritor Neira Vilas, veciño de Gres (Vila de Cruces), o pai de Balbino, o neno protagonista de Memorias dun neno labrego, morreu onte, 27 de novembro, pero déixanos moitas historias: O cabaliño de buxo, A marela taravela, O espantallo amigo, Memorias dun neno labrego e tantas outras.
Desde a biblioteca de Vilatuxe dicímosche que o teu recordo estará sempre no corazón de pexego dos nosos rapaces e rapazas.
Sobre o lombo do regueiro
navega unha xoaniña
nunha folla de salgueiro.
Vaise do eido nativo.
paisaxes que nunca tivo.
Dende o intre que embarcou
sente unha fonda morriña
do prado onde se criou.
Mentres deixa atrás o val
vai dicindo polo baixo:
“ volverei ó salgueiral “.
E unha mañá raioleira,
por entre vimbios e fentas
voltou a xoaniña andeira.
SUBIOTE
Subiote
meu chifrote
de ameneiro,
cantareiro,
paxariño
querendón.
Subiote,
meu chifrote
sempre amigo,
vas comigo
espallando
unha canción.
Subiote,
meu chifrote,
na camposa
todo amosa
o grileo
do teu son.
Subiote,
meu chifrote
recendente,
pau ridente,
bibimbao
do corazón.
TRABALLAMOS POLA IGUALDADE
Ao final da lectura houbo un coloquio moi interesante entre todos os nenos e nenas dando a súa opinión.
Tamén traballamos en todas as aulas, de infantil a sexto, o libro Roedores,
para acudir, finalmente ao Salón Teatro de Lalín a ver a obra de teatro do mesmo título, interpretada polo grupo Redrum Teatro e dirixida polo veciño lalinense Álex Sampayo.
domingo, 1 de noviembre de 2015
CELEBRANDO O SAMAÍN
O venres pola mañá, despois do recreo, houbo sesión de contos de medo na biblioteca. Os rapaces e rapazas , como son moi valentes, non tiveron nin pinga de medo.
LENDO HISTORIA
Xa que o proxecto deste ano vai sobre historia aí tedes o recanto creado na biblioteca para comezar a investigar ou, simplemente, para viaxar no tempo.
PRIMEIRAS NOVIDADES
Coma todos os anos comezan a chegar as primeiras novidades. Aquí as tedes, para que vaiades botándolle un vistazo.
AS PEGADAS DOS DEVANCEIROS NA CONTORNA
Ola! Este é o título do proxecto de biblioteca deste ano, para coñecer un pouquiño a historia máis próxima, porque aquí temos un pouco de todo: científicos coma o matemático Rodríguez ou o astrónomo Aller; pintores coma Laxeiro, Colmeiro ou Lamazares; virreis de Nova Granada e do Perú, como Francisco Gil Taboada y Lemos Villamarín; o autor do primeiro dicionario galego-castelán, Francisco Xavier Rodríguez Gil, sobriño do matemático Rodríguez; un capitán das revoltas irmandiñas, coma Arias Pérez, "o tigre do Deza"; aviadores que fixeron historia coma Xaquín Loriga; profesores e investigadores coma Xosé García Oro e César García Oro... Ata hai quen di que Andeca, "Xan Deza", o último rei suevo de Galicia, era veciño noso!
Todos eles naceron e criáronse moi pertiño de nós e gozaron dos lugares nos que nós seguimos vivindo: en Bermés, Barcia, Soutolongo, Botos, Bendoiro...
Na nosa comarca atopáronse tesouros coma o da Agolada e estelas romanas coma as de Bermés. Hai grandes castros coma os de Gresande, con lendas de mulleres con corpo de cobra e olas con moedas de ouro.
Ánimo rapaces e rapazas, a investigar sobre os nosos devanceiros!
Todos eles naceron e criáronse moi pertiño de nós e gozaron dos lugares nos que nós seguimos vivindo: en Bermés, Barcia, Soutolongo, Botos, Bendoiro...
Na nosa comarca atopáronse tesouros coma o da Agolada e estelas romanas coma as de Bermés. Hai grandes castros coma os de Gresande, con lendas de mulleres con corpo de cobra e olas con moedas de ouro.
Ánimo rapaces e rapazas, a investigar sobre os nosos devanceiros!
lunes, 13 de abril de 2015
ADEUS A EDUARDO GALEANO
Eduardo Galeano, escritor uruguayo morreu hoxe, 13 de abril. Dende a biblioteca de Vilatuxe queremos rendirlle esta pequena homenaxe deixando o enlace ao único conto que escribiu para rapaces. ENTRADE E LÉDEO!
ASÍ FOI A VISITA AO PAZO DE LIÑARES
Esta foi a visita ao pazo le Liñares. As feiras no tempo de Barriga Verde eran moi divertidas!
miércoles, 8 de abril de 2015
BARRIGA VERDE
O venres próximo acudiremos aí ao ladiño, ao pazo de Liñares pra coñecer o museo da marioneta, único en Galiza, e visitar a exposición sobre Barriga Verde, o personaxe principal dunha obriña de marionetas que se representaba nas feiras e nas festas das vilas galegas, durante o século pasado. A obriña representábase en galego, cando estaba prohibido o seu uso durante o franquismo.
Este era o aspecto de Barriga Verde. |
Esta era a cachaporra coa que Barriga Verde batía nos seus inimigos. |
domingo, 29 de marzo de 2015
RECITAMOS POESÍAS E PLANTAMOS UN ÉRBEDO
O venres reunímonos na biblioteca e recitamos poemas de autores galegos relacionados coa fauna e flora dos nosos ecosistemas: o río, a fraga, o monte e a puza. Despois saímos ao patio e plantamos un érbedo. Velaí tedes as fotos!
miércoles, 18 de marzo de 2015
ESPANTALLO AMIGO
Acudimos ao salón Teatro de Lalín para ver aos Quinquilláns representando unha adaptación da noveliña de Xosé neira Vilas, O Espantallo amigo.
Como a estivemos lendo e comentando estes días na clase, gustounos moito ver a noveliña convertida en teatro.
domingo, 8 de marzo de 2015
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Utilizamos unha presentación feita por compañeiros doutro colexio e propoñémosvos o xogo de escoller unha destas mulleres e investigar sobre ela, a ver que descubrides. Curiosidade!
https://docs.google.com/presentation/d/1R10StL6xV_demLQZk6QrpfW2A-h3cInk-_v5iq22vF0/edit?usp=sharing
https://docs.google.com/presentation/d/1R10StL6xV_demLQZk6QrpfW2A-h3cInk-_v5iq22vF0/edit?usp=sharing
sábado, 28 de febrero de 2015
CLUB DE LECTURA AS BOLBORETAS
As nenas de quinto e sexto quixeron formar un club de lectura, así que, os mércores despois de xantar reunímonos na biblioteca para comezar co primeiro libro. É de Jimmy Liao e titulase La noche estrellada.
ANIVERSARIO DE ROSALÍA
Co colexio con moi pouco alumnado a causa da gripe, celebramos o día de Rosalía cunha exposición de fotos e poemas seus e lectura e recitado de poemas nas aulas.
CHARLA SOBRE ÁRBORES SENLLEIRAS
O venres, os axentes forestais do distrito do Deza viñeronnos falar sobre as aábores senlleiras da nosa contorna, unha delas aqui pertiño do colexio, un carballo centenario.
jueves, 19 de febrero de 2015
AXUDANTES DE BIBLIOTECA
Nos recreos algunhas axudantes de biblioteca inventan contos para os máis pequenos mesturando o kamisibai e os bonecos de guiñol. Os nenos quedan embobados escoitando as historias! Parabéns as axudantes!
EXPOSICIÓN SOBRE O ENTROIDO
Para coñecer un pouquiño o significado da palabra e da festa utilizamos esta pequena exposición con fotografías dos personaxes máis representativos do noso entroido tradicional: peliqueiros,cigarróns, pantallas, boteiros...
miércoles, 18 de febrero de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)