O venres 19 volvemos organizar o mercado de libros de segunda man, ao que chamamos "Libros para o Nadal". Todos os rapaces levaron polo menos un libro, así que todos poderán gozar da súa lectura, nestes días de vacacións, á beira dun bo lume.
martes, 23 de diciembre de 2014
lunes, 15 de diciembre de 2014
CONTACONTOS DO MATEMÁTICO RODRÍGUEZ
Hoxe tivemos un contacontos sobre a figura do matemático Rodríguez. Como sabedes, o zar Alexandro I de Rusia propúxolle dirixir o observatorio de Astronomía de San Petersburgo, cousa que rexeitou para dirixir o de Madrid.
O noso contacontos, enviado do zar, segue a buscar xenios entre os nenos e nenas dos colexios da comarca do Deza.
Seredes vós os próximos xenios?
Seredes vós os próximos xenios?
martes, 9 de diciembre de 2014
O MATEMÁTICO DE BERMÉS, O MEDIDOR DA TERRA
O próximo luns, día 15 de decembro, chegará ao colexio un contacontos que nos aproximará á figura de Xosé Rodríguez González ( 1770-1824), o matemático de Bermés, un dos sabios europeos da súa época.
Inda que chamado o matemático Rodríguez, Xosé González Rodríguez foi tamén teólogo, minerólogo, cristalógrofo, xeodesta, astrónomo e diputado por Galicia durante o Trienio Liberal (1820-1823). Ademais, ao matemático encantáballe a música e tamén bailar e tiña un gran sentido do humor.
O matemático Rodríguez soñou cunha Galiza na que a ciencia se fora extendendo polas Universidades ata chegar ata o último recanto de cada aldea, unha Galiza na que as súas xentes abandonasen o oscurantismo, propiciado pola monarquía e a igrexa. Así que hoxe o matemático estaría contento de que os nenos de Vilatuxe e de toda Galiza coñezan a súa figura e se acheguen ao mundo da ciencia! ENTRA AQUÍ!
WILLY, O NOSO VECIÑO DE BOTOS
O NADAL VAISE ACHEGANDO
O Nadal vaise achegando e con el os libros. Este é o noso recantiño de Nadal, especialmente do Apalpador, para que gocedes coas súas aventuras.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)