jueves, 16 de octubre de 2014
ANTÓN COME SAN
Parabéns aos alumnos e alumnas que este ano están en cuarto e quinto de primaria e máis á súa profesora Inés Presas, porque o conto que escribiron o ano pasado, dentro do proxecto da biblioteca "Somos agricultores, coidamos a terra", titulado Antón come san, foi publicado na páxina de recursos da Secretaría de Política Lingüística da Consellería de Educación.
Aquí tedes o enlace para poder velo! ANTÓN COME SAN
martes, 14 de octubre de 2014
AS PRIMEIRAS NOVIDADES DA BIBLIOTECA
Comeza o curso e na biblioteca van entrando novos libros, para grandes e pequenos. Estes son algúns deles!
LENDO MATEMÁTICAS
Xa que este ano nas bibliotecas trata de fomentarse a lectura das matemáticas, nós tamén creamos un pequeno recanto de libros dedicado a elas que titulamos LENDO MATEMÁTICAS.
Animádevos a escoller estas lecturas e descubriredes que as matemáticas son moi divertidas!
Animádevos a escoller estas lecturas e descubriredes que as matemáticas son moi divertidas!
AS NORMAS DE MAFALDA
Aproveitando a pequena exposición para dar a coñecer o personaxe de Mafalda, elaboramos uns carteis con consellos e normas de Mafalda que colocamos ao lado da porta da biblioteca, que tamén cambiamos este ano, pintándoa de branco e poñéndolle un letreiro acompañado de Flapi, a mascota da nosa biblioteca.
OS ECOSISTEMAS DO NOSO CONTORNO
Inda que moi retrasados á hora de reflectilo no blog, o novo proxecto da biblioteca deste ano, OS ECOSISTEMAS DO NOSO CONTORNO, comezou a súa andaina o primeiro día de clase coa ambientación do taboleiro da biblioteca , con exposicións de libros sobre o tema e coa creación dunha poza por parte do alumnado de infantil, á entrada do colexio.
Miguel Agullo, antigo alumno deste colexio, garda forestal do distrito de Lalín, na actualidade, e bo coñecedor da riqueza ambiental do noso contorno, proxectou fotografías e falounos sobre a importancia da fauna e a flora dos nosos ríos, montes e fragas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)