sábado, 31 de mayo de 2014

OS NOSOS HÓRREOS E MUÍÑOS

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co Equipo de Biblioteca e con todas as familias,  elaborou un libro  sobre  os nosos hórreos e muíños que está a ser imprimido en papel  para poder levar ás casas. Pero mentras  non o podemos ter entre as mans, publicámolo no blog para que lle vaiades botando unha ollada.ENTRA E MIRA!

sábado, 24 de mayo de 2014

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS

O venres 16  tivemos doble celebración. Pola mañá, na biblioteca,  recitamos poemas  de Xosé María Díaz Castro e, pola tarde, saímos ao patio para espetar diante de cada árbore un letreiro co seu nome, para aprender a recoñecelos e nomealos.  Ademais de colocar os letreiros, recitamos versos de diferentes poetas, galegos e e non galegos,  nos que se referían a cada unha das árbores.

lunes, 5 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS



O escritor homenaxeado este ano polo día das Letras Galegas é o poeta lucense Xosé María Díaz Castro.
Os de infantil poden facer este libro LIM elaborado por compañeiros do colexio Mallón, aos que damos as grazas por compartir o seu traballo.
ENTRA.
Os de primeiro ciclo poden facer este.ENTRA.
Os de segundo ciclo, este.ENTRA.
Os de terceiro ciclo, estoutro.ENTRA.
No seguinte enlace atoparás moitos recursos sobre Díaz Castro.ENTRA.
E   tamén aquí  os atoparás.
ENTRA.
ENTRA.
ENTRA. 
E MOITOS MÁIS RECURSOS! 

jueves, 1 de mayo de 2014

A AGRICULTURA NA ARTE

Buscamos cadros, pintados por grandes pintores  ao longo da historia, relacionados coa agricultura e expuxémolos no gran taboleiro da biblioteca.
Todos os cursos pasarán por alí para observar, mirar, comentar e  escoller o cadro e o pintor preferido. Logo, cada un realizará a súa propia pintura inspirándose nos mesmos.

CONCURSO SOBRE AGRICULTURA

Os rapaces e rapazas dos tres ciclos de primaria participaron nun concurso organizado pola biblioteca sobre agricultura familiar, o proxecto deste ano. Tiveron que contestar as preguntas de tres cuestionarios diferentes, un por ciclo. 
Onte á tarde, na biblioteca, sorteáronse os libros, un por curso, entre todos os participantes no cncurso. Aí quedan as fotos do momento e dos afortunados, que neste caso, foron todos rapaces!