jueves, 12 de diciembre de 2013

OS MICOLECTORES



Os Micolectores! Este é o nome do club de lectura formado por un grupo de alumnos e alumnas de sexto, que se reune cada mércores na biblioteca, despois de xantar.
Aí tedes o seu primeiro libro lido, O paso do esquecemento, de Antón Riveiro Coello, que nos deu a coñecer a chegada dos romanos a Galicia e a lenda do río Limia. Tamén está  o cartel con ilustracións que elaboraron a partir da lectura.
Agora mesmo están  lendo un libro de poemas titulado Domingo de pipiritingo,  de María Jesús Jabato e que tamén fala da perda da memoria.
 
Despois da lectura dos poemas animáronse a escribir algo relacionado co tema e isto foi o que saiu.ENTRA E LE.


E este será o próximo libro que leamos.
protagonista deste libro é unha nena de dez anos  chamada Nassima, que vive en Afganistán, país que está baixo mandato dos talibáns. Dende a súa chegada  todo se complica xa que se prohíben moitas cousas. É entón cando  Said, o pai de Nassima, decide que deben abandonar o país por se lles pasa algo malo a Nassima e á súa muller Nadia. Viaxarán no medio dunhas  alfombras para non ser descubertos durante a viaxe.
Ademáis, Nassima e o seu amigo Mohamed non queren separarse...
Pero non  contamos máis, hai que lelo á volta das vacacións de Nadal!

miércoles, 11 de diciembre de 2013

AGASALLAR CO GALEGO NO NADAL!

Aquí vai unha  pequena mostra de libros e música  que  podedes pedir ao Apalpador, aos  Reis Magos, a Papá Noel, ao Olentzero ou a quen vos queirades!
ENTRA NA "TENDA", MIRA, ESCOLLE E PIDE A ALGÚN PERSONAXE MÁXICO!

sábado, 7 de diciembre de 2013

ATA SEMPRE, MADIBA!




Nelson Rolihlahla Mandela (Sudáfrica, 1918- 2013)

Foi un político e abogado sudafricano. Despois de estar preso no cárcere máis de 27 anos, inda que estaba condenado de por vida, foi liberado. Máis adiante,recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 1993 e foi elixido, democráticamente, presidente do seu pais, Sudáfrica, dende o ano 1994 ao 1999.

Toda a súa vida loitou para construir unha Sudáfrica sen “Apharteid”, na que negros e brancos tiveran os mesmos dereitos.

Cando estaba no cárcere, para poder soportar os momentos difíciles, lía a miúdo un poema do poeta inglés William Ernest Henley (1849–1903), titulado “Invictus”, cuxos dous últimos versos Madiba se repetía a sí mesmo: 
Son o amo do meu destino: Son o capitán da miña alma.
                              Invictus
                                 (tradución libre ao galego)


 Máis alá da noite que me cobre

Negra coma o abismo sen fin,

Agradezo aos deuses se existen

Pola miña alma inquebrantable.


Caído nas gadoupas da circunstancia

Non chorei nin pestanexei.

Baixo os golpes do destino

A miña cabeza está ensanguentada, pero ergueita.


Máis alá deste lugar de cólera e bágoas

Xace o horror da sombra,

Non obstante, a ameaza dos anos

Atópame e atoparame sen medo.


Non importa o estreita que sexa a porta,

Que cargada de castigos a sentenza,

Son o amo do meu destino:

Son o capitán da miña alma. 

Escoita a U2 cantando a canción  Ordinary love, dedicada a Mandela.


Se queres saber máis sobre a figura de Nelson Mandela mira este documental sobre a súa vida.

Tamén podes  ver a película Invictus dirixida por Clint Eastwood, cuxa sipnose podes ler a continuación.
 
  • A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo.



  • A educación é o gran motor do desenvolvemento persoal. É a través da educación como a filla dun campesiño pode se converter en médico, o fillo dun mineiro pode se  converter en xefe de mina ou o fillo de traballadores agrícolas pode chegar a ser presidente dunha gran nación.

  • Serei un máis entre os anciáns da nosa sociedade, serei un máis dos habitantes da poboación rural, un preocupado polos nenos e polos mozos do noso país; e serei un cidadán do mundo comprometido, mentres teña forzas, coa tarefa de conseguir unha vida mellor para as persoas en todas partes.

  • Non me xulgues polos meus éxitos, xúlgame polas veces que me caín e volvín erguerme.

  • É o deber dos xornalistas examinar a conduta das figuras públicas e expoñelas á luz.

  • Loitar contra a pobreza non é un asunto de caridade, senon de xustiza.



  • Derrubar e destruír é moi fácil. Os heroes son aqueles que constrúen e traballan pola paz.