O 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro, a nosa gran poetisa galega, cuxos poemas xa foron traducidos ao francés, inglés, alemán, ruso, xaponés... Nós, que podemos gozar da lectura dos seus poemas no idioma orixinal, o galego, imos coñecela un pouquiño máis a través deste libro Lim feito por compañeiros doutro colexio. PICA AQUÍ!
Estes son os libros que temos na biblioteca con algúns dos seus poemas.
Neste vídeo escoitaredes a Luz Casal interpretando un dos poemas máis coñecidos de Rosalía:
NEGRA SOMBRA.
NEGRA SOMBRA
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
NEGRA SOMBRA
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
(Rosalía de Castro)
No hay comentarios:
Publicar un comentario