Decididos a continuar co blog, pero só con aspectos da biblioteca e sen fotos do alumnado, para acollernos á nova lei de protección de datos, contamos o noso proxecto.
Este ano iniciamos nova andaina con unha biblioteca móbil, a Bibliosol, que sae ao patio cando a climatoloxía o permite. Vai chea de recursos para o tempo de lecer, así como de mobiliario e outros enseres para a lectura no patio.
A Bibliosol muda o seu aspecto e contido en función de diferentes temáticas. Así en setembro, decorada de flores, levou ao patio libros diversos. En outubro decorouse de Samaín e contiña contos de medo, cómics de Samaín,... Ademáis na súa despedida regalou marcapáxinas elaborados polo alumnado de primeiro. Neste mes de outubro apostouse por material de lectura e manipulativo propio de tempo de lecer, así porta libros sobre como xogar ao xedrez, e tamén o taboleiro e fichas, libros de manualidades, pasatempos, o xornal "O Papagaio", os mércores leva a prensa do día, peonzas, tizas de cores,...
Cada mes o alumnado de segundo e terceiro decora o carro con palabras galegas relacionadas coa temática a traballar, e o alumnado de sexto retrata a experiencia que logo recopila nun libro diario da Bibliosol. Os peques do resto dos cursos fan obxectos- regalo que publicita a Bibliosol.
sábado, 17 de noviembre de 2018
Proxecto 18/19
sábado, 10 de noviembre de 2018
Despedida?
Estamos replantexándonos a continuidade do blog a causa da nova lei de proteción de datos. De feito a día de hoxe a vida na nosa Biblio e das nosas aulas está en Instagram pero con conta privada de entrada única a pais e mestres do cole.
Como temos morriña do blog é probable que en días voltemos a editar pero, desta vez, sen fotos de cativos, que son os que reflexan o resultado do noso traballo. Unha mágoa. Grazas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)