sábado, 17 de noviembre de 2018

Proxecto 18/19

Decididos a continuar co blog, pero só con aspectos da biblioteca e sen fotos do alumnado, para acollernos á nova lei de protección de datos, contamos o noso proxecto.
Este ano iniciamos nova andaina con unha biblioteca móbil, a Bibliosol, que sae ao patio cando a climatoloxía o permite. Vai chea de recursos para o tempo de lecer, así como de mobiliario e outros enseres para a lectura no patio.
A Bibliosol muda o seu aspecto e contido en función de diferentes temáticas. Así en setembro, decorada de flores, levou ao patio libros diversos. En outubro decorouse de Samaín e contiña contos de medo, cómics de Samaín,... Ademáis na súa despedida regalou marcapáxinas elaborados polo alumnado de primeiro. Neste mes de outubro apostouse por material de lectura e manipulativo propio de tempo de lecer, así porta libros sobre como xogar ao xedrez, e tamén o taboleiro e fichas, libros de manualidades, pasatempos, o xornal "O Papagaio", os mércores leva a prensa do día, peonzas, tizas de cores,...
Cada mes o alumnado de segundo e terceiro decora o carro con palabras galegas relacionadas coa temática a traballar, e o alumnado de sexto retrata a experiencia que logo recopila nun libro diario da Bibliosol. Os peques do resto dos cursos fan obxectos- regalo que publicita a Bibliosol.

sábado, 10 de noviembre de 2018

Despedida?

Estamos replantexándonos a continuidade do blog a causa da nova lei de proteción de datos. De feito a día de hoxe a vida na nosa Biblio e das nosas aulas está en Instagram pero con conta privada de entrada única a pais e mestres do cole.
Como temos morriña do blog é probable que en días voltemos a editar pero, desta vez, sen fotos de cativos, que son os que reflexan o resultado do noso traballo. Unha mágoa. Grazas

domingo, 7 de octubre de 2018

viernes, 5 de octubre de 2018

Vacacións para os robots

E con estas imaxes damos vacación a aos robots que traballaron no proxecto de biblioteca " conto contigo"
No blog cativadasdaescola podedes ver algún video así como o que amosamos no festival fin de curso, que ilustraba, como o alumnado de quinto de primaria, programou os mbot e deseñou as liñas de biblioteca para que, os robots, foran os guías da biblio.

lunes, 11 de junio de 2018

A corva.

Hoxe, como festa final da biblioteca... Espectáculo de Cristina Collazo " a corva"
Pasándolo xenial.

sábado, 2 de junio de 2018

Premios e despedidas.

Chega o final de maio e con el a despedida de Hanna, a auxiliar de conversa, que colaborou os mércoles na nosa biblio cun achegamento aos peques e aos momentos de lecer na biblioteca escolar.
Así, da man dela, e logo dun resumo do vivido este curso na biblio, facemos entrega de premios aos voluntarios, que foron axudantes de biblioteca e un cariño aos lectores de sexto, animando a que sigan indo á biblioteca, agora do IES.

Apadrinamentos lectores.

De cando os maiores len aos máis pequenos e istes gozan da lectura.

miércoles, 16 de mayo de 2018

María Victoria Moreno

Hoxe, para conmemorar o Día das Letras Galegas....variedades de actividades cos seus contos....e obradoiro de chapas na biblioteca

martes, 15 de mayo de 2018

Chega o Día das Letras Galegas.

Este ano celebrámolo con obradoiro na biblio de chapas de María Victoria Moreno.

A favor da diversidade.

Coincidindo coa Festa do "cocido gay" que se celebra no noso pobo, e continuando con proxecto de biblioteca de este ano,... Mudamos o taboleiro da entrada da biblioteca, enchéndo de cores e respectando as diferentes sexualidades.

viernes, 27 de abril de 2018

lunes, 23 de abril de 2018

DIA DO LIBRO

Hoxe é o Día do Libro, así que preguntamos aos máis pequenos sobre o tema. Aquí deixamos vídeo.




jueves, 19 de abril de 2018

Galería de imaxes.

Na antesala da biblioteca temos unha galería de imaxes do presente curso que, esperamos encher de fermosas fotos.

lunes, 16 de abril de 2018

Abril mes dos libros.

Murais que empezan a decorar os corredores do centro.

domingo, 25 de marzo de 2018

Aspadeza.

Relacionado con proxecto "somos diferentes, somos iguais" fixemos unha xornadas de convivencia cos usuarios de Aspadeza que resultou toda unha lección de humanidade.

viernes, 9 de marzo de 2018

Día da muller.

Na entrada da nosa biblio podemos ver esta alfombra-mural

martes, 6 de marzo de 2018

Día oito de marzo.

E de Rosalía pasamos ao día da Muller, onde permanece a imaxe e contos sobre Rosalía de Castro.
A reo traballando para montar a exposición de man dos cativos.

Día de Rosalía.

E como non podía ser doutro xeito... Como cada ano polo 24 de febreiro lembramos a Rosalía de Castro. Este ano con novidades na exposición, crebacabezas, códigos QR e camelias frescas que as familias nos proporcionaron. Grazas