Ese é o nome do club de cine que imos facer este curso cos rapaces e rapazas de quinto e sexto. E este é o cartel tan bonito que fixeron as rapazas.
Gústanos moito!
A primeira película que imos ver e Generación robada, Phillip Noyce.
martes, 26 de enero de 2016
MOCHILAS VIAXEIRAS 2016!
En xaneiro, chegan as mochilas viaxeiras, desexosas de coñecer as casas dos rapaces e de ser compartidas en familia. A gozar!
A CARTA DO APALPADOR PREMIADA!
Onte foi día de sorpresas e boas noticias! A carta que escribiron os nenos e nenas de infantil foi premiada nun concurso organizado pola Deputación de Lugo.
Como os nenos lle pedían na carta xoguetes de madeira, o Apalpador envioulles quebracabezas en forma de castañas, unha corda para aprender a saltar e un xogo do Xabarín para aprender a escribir! Que sorte!

A VISITA DOS CACHARELOS
Onte tivemos unha visita moi agradable: a dos cacharelos. Entraron na biblioteca facendo soar as chocas e con toxos na man pra picar no cu aos que non se disfrazan no antroido.
Ao final quitaron as máscaras e ensináronolas e explicáronnos o significado das cores da vestimenta que usan.Velaí tedes a visita en fotos!
Ao final quitaron as máscaras e ensináronolas e explicáronnos o significado das cores da vestimenta que usan.Velaí tedes a visita en fotos!
martes, 19 de enero de 2016
ENTROIDO
Sabíades que os personaxes do entroido de Lalín chámanse cacharelos? Están inspirados no cadro titulado O Mascarón, de Laxeiro. Aquí os tedes!
Estes outros son os xenerais de Bandeira.
Con estes libros lim sobre o entroido, elaborados por compañeiros doutros colexios, coñeceremos os personaxes do entroido galego. cacharelos, boteiros, xenerais, irrios... e moitos máis!
ENTRA .ENTRA. ENTRA.
DÍA DA PAZ
Para celebrar o Día da Paz, faremos sesión de contacontos. En infantil, primeiro e segundo leremos Maruxa e Eduardo, o neno máis terrible do mundo.
En terceiro, cuarto quinto e sexto leremos Cuerdas e veremos a curta.
Despois de cada sesión haberá actividades de grupo relacionadas coa lectura.
Tamén haberá unha charla impartida por un saharahui para falarnos da difícil situación que lles toca vivir e realizaremos unha carreira solidaria para recadar fondos destinados a traer nenos saharahuis de vacacións a nosa comarca.

lunes, 11 de enero de 2016
LIBROS PARA O NADAL
Outro ano máis celebramos o mercadiño de libros" Libros para o Nadal", con exemplares de segunda man procedentes do expurgo da biblioteca e de doazóns de pais de alumnos e profesores do colexio.
Cos cartos obtidos mercaremos novos libros e novas películas!
Cos cartos obtidos mercaremos novos libros e novas películas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)