miércoles, 8 de junio de 2016

COÑECEMOS O TRABALLO DOS ARQUEÓLOGOS

Esta mañá achegámonos ata Doade, para ver as escavacións que se están a facer no castro do mesmo nome. Foi moi interesante ver con que paciencia teñen que traballar os arqueólogos/as.
 

martes, 31 de mayo de 2016

PREMIOS

Hoxe pola mañá, reunímonos todos na biblioteca para entregar os agasallos aos axudantes de biblioteca que durante todo o ano colaboraron atendendo aos máis pequenos.
Tamén entregamos os premios aos cinco alumnos máis lectores.

lunes, 30 de mayo de 2016

REMATAMOS O OBRADOIRO DE POESÍA

Rematamos o obradoiro de poesía e fixemos un pequeno caderno como lembranza.

ORDOÑO II E ARAGONTA

O alumnado de terceiro e cuarto realizou unha investigación sobre o reino de Galicia e, froito dela, naceu un libriño que lles  quedará de lembranza.
E para rematar o traballo, realizaron unha sesión de fotos, no mesmo pazo de Ordoño II, en León!

ordoño e aragonta - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
No ano 922 o rei de Galiza e León, Ordoño II, casou con Aragonta Betotiz Eiriz, filla dos condes de Deza. 
Nós tivemos a sorte de acudir ao seu casamento e aquí tedes as fotos!
 

lunes, 16 de mayo de 2016

RECORDANDO A WILY DE BOTOS

A irmá de Wily tróuxenos debuxos  de Wily e máis  un cadro. Con eles e coa escultura que dende o curso pasado nos acompaña na biblioteca, creamos un recanto no corredor para que o alumnado coñeza un pouquiño máis a súa obra e recordalo, de paso, no décimo aniversario da súa morte. De seguro que a  Wily  lle gustaria estar entre os rapaces e rapazas deste colexio!
 

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS

Pola tarde, na biblioteca, recitamos a Manuel María, o poeta da Terra Chá homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas.

martes, 3 de mayo de 2016

COÑECER A MANUEL MARÍA

Música, poemas, contos..., a casa de manuel María en Outeiro de Rei...
 Este ano o día das Letras Galegas está dedicado a Manuel María. Para comezar a a coñecelo un pouquiño  aí están as actividades reunidas pola Coordinadora Galega de ENDL. ACTIVIDADES

sábado, 30 de abril de 2016

MES DE ABRIL, MES DOS LIBROS

Este foi un mes cargado de actividades: sesións de animación lectora

              obradoiro de poesía
actividades sobre a figura de Cervantes e o Quixote
actividades sobre o libro preferido en infantil
investigación sobre os reis de Galicia
Charla de Daniel González Alén, coautor do libro A comarca do Deza,sobre a historia da nosa comarca.



miércoles, 3 de febrero de 2016

DÍA DA PAZ. CONTOS E VISITA SAHARAHUI

Realizamos sesións de contacontos , unha para infantil e os dous primeiros ciclos de primaria e outra para os demais cursos.

Tamén recibimos a visita de Kudús, un  mozo saharahui que nos contou como viven nos campamentos de refuxiados.
Acudiron á charla un grupo de nais.





martes, 26 de enero de 2016

A LANTERNA MÁXICA

Ese é o nome do club de cine que imos facer este curso cos rapaces e rapazas de quinto e sexto. E este é o cartel tan bonito que fixeron as rapazas.
Gústanos moito!
 A primeira película que imos ver e Generación robada, Phillip Noyce.


MOCHILAS VIAXEIRAS 2016!

En xaneiro, chegan as mochilas viaxeiras, desexosas de coñecer as casas dos rapaces e de ser compartidas en familia. A gozar!


A CARTA DO APALPADOR PREMIADA!

Onte foi día de sorpresas e boas noticias! A carta que escribiron os nenos e nenas de infantil foi premiada nun concurso organizado pola Deputación de Lugo. 
Como os nenos lle pedían na carta xoguetes de madeira, o Apalpador envioulles quebracabezas en forma de castañas, unha corda para aprender a saltar e un xogo do Xabarín para aprender a escribir! Que sorte!

A VISITA DOS CACHARELOS

Onte tivemos unha visita moi agradable: a dos cacharelos. Entraron na biblioteca facendo soar as chocas e con toxos na man pra picar no cu aos que non se disfrazan no antroido. 
Ao final quitaron as máscaras e ensináronolas e explicáronnos o significado das cores da vestimenta que usan.Velaí tedes a visita en fotos!
 

martes, 19 de enero de 2016

ENTROIDO

Sabíades que os personaxes do entroido de Lalín chámanse  cacharelos?  Están inspirados no cadro titulado O Mascarón,  de Laxeiro. Aquí os tedes!



Estes outros son os xenerais de Bandeira.

Con estes libros lim sobre o entroido, elaborados por compañeiros doutros colexios, coñeceremos os personaxes do entroido galego. cacharelos, boteiros, xenerais, irrios... e moitos máis!
ENTR.ENTRA. ENTRA.

DÍA DA PAZ

Para celebrar o Día da Paz, faremos sesión de contacontos. En infantil, primeiro e segundo leremos Maruxa  e Eduardo, o neno máis terrible do mundo.


En terceiro, cuarto quinto e sexto leremos Cuerdas e veremos a curta.

Despois de cada sesión haberá actividades de grupo relacionadas coa lectura.
Tamén haberá unha charla impartida por un saharahui para falarnos da difícil situación  que lles toca  vivir e realizaremos unha carreira solidaria para recadar fondos destinados a traer nenos saharahuis de vacacións a nosa comarca.

lunes, 11 de enero de 2016

MÁIS NOVIDADES

Algunhas novidades están xa no expositor da biblioteca. son as novidades de xaneiro.
 

LIBROS PARA O NADAL

Outro ano máis celebramos  o mercadiño de libros" Libros para o Nadal", con exemplares de segunda man procedentes do expurgo da biblioteca e de doazóns de pais  de alumnos  e profesores do colexio.
Cos cartos obtidos mercaremos novos libros e novas películas!