lunes, 13 de abril de 2015

ADEUS A EDUARDO GALEANO


Eduardo Galeano, escritor uruguayo morreu hoxe, 13 de abril. Dende  a biblioteca de Vilatuxe queremos rendirlle esta pequena homenaxe deixando o enlace ao único conto que escribiu para rapaces. ENTRADE E LÉDEO!

ASÍ FOI A VISITA AO PAZO DE LIÑARES

Esta foi a visita ao pazo le Liñares. As feiras no tempo de Barriga Verde eran moi divertidas!

miércoles, 8 de abril de 2015

BARRIGA VERDE


O venres próximo acudiremos aí ao ladiño, ao pazo de Liñares pra coñecer o museo da marioneta, único en Galiza, e visitar a exposición sobre Barriga Verde, o personaxe principal dunha obriña de marionetas que se representaba nas feiras e nas festas das vilas galegas, durante o século pasado. A obriña representábase en galego, cando estaba prohibido o seu uso durante o franquismo.

Este era o aspecto de Barriga Verde.


Esta era a cachaporra coa que Barriga Verde batía nos seus inimigos.