domingo, 29 de marzo de 2015

RECITAMOS POESÍAS E PLANTAMOS UN ÉRBEDO

O venres reunímonos  na biblioteca e recitamos poemas de autores galegos relacionados coa fauna e flora dos nosos ecosistemas: o río, a fraga, o monte e a puza. Despois saímos ao patio e plantamos un érbedo. Velaí tedes as fotos!
 

miércoles, 18 de marzo de 2015

ESPANTALLO AMIGO

Acudimos ao salón Teatro de Lalín para ver  aos Quinquilláns representando unha adaptación da noveliña de Xosé neira Vilas, O Espantallo amigo.
Como a estivemos lendo e comentando estes días na clase, gustounos moito ver a noveliña  convertida en teatro.



domingo, 8 de marzo de 2015

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Utilizamos unha presentación feita por compañeiros doutro colexio e propoñémosvos o xogo  de escoller unha destas mulleres e investigar sobre ela, a ver que descubrides. Curiosidade! 
https://docs.google.com/presentation/d/1R10StL6xV_demLQZk6QrpfW2A-h3cInk-_v5iq22vF0/edit?usp=sharing