Lucas Requejo, dono da tenda Ultra-Alimento faloulles aos rapazes e rapazas dun modelo de agricultura sostible que pasa por ser respetuosos e coidar o medio ambiente, cultivando produtos sen engadirlle substancias químicas, reutilizando obxectos, en vez de tiralos ao lixo, e fabricando utensilios novos, coma as caixas palé, expositor- neveira con rodas...Sempre buscando alternativas á agricultura industrial, tan pouco respetuosa coa natureza.
sábado, 12 de abril de 2014
COIDAMOS AS HORTAS
Aproveitamos a chegada do bo tempo para seguir a sementar nas nosas hortas. Agora tocoulle a quenda as patacas!
TENDA ECOLÓXICA
Os de infantil venden hortalizas ecolóxicas na tenda "Vilatuxe" e, de paso, aprenden a contar. Os letreiros foron elaborados polos nenos e nenas de primeiro ciclo.
VISITA Á PRAZA DE ABASTOS
Despois de ver a obra de títeres " A frauta máxica" de Viravolta, visitamos a Praza de Abastos de Lalín, visita encadrada dentro do proxecto de biblioteca "Somos agricultores, coidamos a terra". Despois de visitar os diferentes postos, centrámonos na tenda Ultra- alimento, unha tenda de produtos ecolóxicos, especialmente de hortalizas, cereais e legumes. Lucas Requejo, dono da tenda, explicounos a importancia, para a protección do medio ambiente e da nosa saúde, de comer produtos colleitados no contorno, sen produtos químicos engadidos.
TÍTERES NO SALÓN TEATRO
A mediados de marzo, acudimos ao Salón Teatro de Lalín para ver a nova obra de títeres de Viravolta, A frauta máxica, inspirada na ópera de Mozart do mesmo título.
Os nosos rapaces e rapazas, en primeira fila, gozaron da obra, que volveremos escoitar na aula de música.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)