lunes, 27 de enero de 2014
MOCHILAS VIAXEIRAS
Hoxe pola tarde partiron as mochilas viaxeiras cargadas de libros e películas! Durante unha semana, acompañarán aos nosos nenos/as e ás súas familias coa intención de facerlles pasar momentos agradables de unión familiar. A gozar!
viernes, 24 de enero de 2014
ACTIVIDADES POLA PAZ
O venres que vén, para celebrar o día da Paz , veremos un documental sobre a vida dos nenos saharahuis, que como vedes na foto, apenas dispoñen de recursos nas súas escolas, e a profe Fátima contaranos, de primeira man, as súas experiencias entre eles.
Tamén veremos a curta Rubina, a vida dunha nena hindú, que soña con ser actriz.
Todo iso será pola mañá, porque pola tarde realizaremos, ao igual ca varios colexios da zona, unha carreira solidaria para recadar fondos destinados a traer de vacacións a nenos saharahuis.

miércoles, 8 de enero de 2014
O SOÑO DE RUBINA
Que foi de Rubina, a protagonista da película Slumdog Millonaire, premiada con oito Oscar en Hollywood? Descubrirémolo nesta magnífica curta e coñeceremos a vida actual , non só de Rubina, senon tamén de milleiros de rapaces e rapazas que viven unha dificilísima realidade.
NORMALIZADORAS DA LINGUA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)