viernes, 17 de mayo de 2013
CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Para celebrar o Día das Letras Galegas xuntámonos todos na
biblioteca. Alí tivemos a oportunidade de escoitar unha entrevista
feita pola xornalista Ainara ao mesmiño roberto Vidal Bolaño! Tamén houbo dramatizacións de fragmentos das súas obras de teatro e lectura de poemas sobre a auga, o proxecto deste ano.
viernes, 10 de mayo de 2013
POEMAS DA AUGA
Fomos á biblioteca, buscamos poemas relacionados coa auga nos libros de poesía, ampliámolos e agora estamos preparando a súa lectura na clase, para lelos na biblioteca diante dos demais alumnos.
sábado, 4 de mayo de 2013
LETRAS GALEGAS 2013
Para coñecer un pouquiño ao escritor homenaxeado no día das Letras Galegas deste ano, tedes aquí unha páxina á que compañeiros de diferentes colexios de Galicia foron enviando os seus traballos para compartir con todos nós. Non esperes máis, entra xa e descubre a ROBERTO VIDAL BOLAÑO!
PICA AQUÍ!
PREMIOS CONCURSO DA AUGA
Estes son os afortunados do "Concurso da Auga". Aquí están na biblioteca, onde se realizou o sorteo, rodeados dos compañeiros e compañeiras.Parabéns!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)