viernes, 21 de diciembre de 2012

LIBROS PARA O NADAL

Coincidindo co día das vacacións de Nadal e  para celebralo con libros, organizamos un mercado  de libros con exemplares procedentes 
da biblioteca. Coas vendas mercaremos  máis novidades á volta das vacacións.



NOVIDADES DE DECEMBRO

Queremos que cada mes vaian aparecendo libros novos na biblioteca.  Aquí deixamos as  novidades do mes de decembro, que, inda que nos retrasamos un pouquiño en poñelas no blog, levan con nós todo o mes.

martes, 18 de diciembre de 2012

CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR...

Para os máis pequerrechos do colexio, vai adicado este conto que escoitastes na biblioteca e que podedes recordar durante as vacacións nas vosas casas.
Esperamos que os Reis Magos vos traian moitas cousas, xa que vos portastes moi  ben.
E que non vos pase coma a Martiño, que lle deron ganas de ir mexar...na noite de Reis!

domingo, 16 de diciembre de 2012

A PEQUENA VENDEDORA DE MISTOS

Para os que foron escoitar  á biblioteca"A pequena vendedora de mistos",  e tamén  para os que non foron, deixámosvos unha pequena curta baseada no famoso conto de Hans Christian Andersen.
Esta curta estivo nominada aos premios Oscar de curtas de animación no ano 2007.

jueves, 13 de diciembre de 2012

CONTOS POLO NADAL


A nosa Biblioteca unha vez máis volta a ser protagonista no noso centro. Neste caso con sesións de animación á lectura. O día 13 teremos contacontos:"A vendedora de mistos". O luns 17 conto bilingüe, como vimos facendo quincenalmente. Os días 19 - 20 e 21 Clube de lectura sobre a obra "Cuento de Navidad". ANIMÁDEVOS, vinde a escoitalos!!!

lunes, 10 de diciembre de 2012

AS PANXOLIÑAS VAN ENTRANDO NO COLEXIO!


 Achégase o Nadal e, con el, o tempo das panxoliñas.
Para comezar nada mellor que aquela que di:
"Cun sombreiro de palla, un galego a Belén foi..."



UN POUCO DE MÚSICA!

Un pouco de música para todas as idades, para divertirvos cantando o mesmo ca eses rapaces e rapazas dos vídeos.
ENTRADE AQUÍ!

CHOVEN PANXOLIÑAS SOBRE O APALPADOR

Ola amiguiños, como cada ano recuperamos por estas datas a figura do Apalpador. Ademais, nesta ocasión relacionámolo co proxecto deste curso "A auga, fonte de vida", de aí a idea das pingas de auga cargadiñas de panxoliñas que caen sobre o Apalpador.
Lembrámosvos que neste blog, unhas entradas máis abaixo, podedes atopar varios enlaces a libros sobre o Apalpador.


   Graciñas ás familias pola vosa
aportación  con estas pingas de Nadal.

                  BO NADAL!!!

martes, 4 de diciembre de 2012

AUGA FONTE DE VIDA

Seguimos a traballar no "Proxecto da  Auga". Esta é a foto de como temos a antesala da biblioteca, con imaxes de lugares onde podemos atopar auga, dende o noso propio corpo ata debaixo da terra. Tamén temos un pequeno xogo para que o alumnado poida suxerir máis lugares onde hai auga.