Rapaces e rapazas, nenos e nenas! O Apalpador está a piques de baixar das montañas para apalparvos as barrigolas e ver se estades ben mantidos. Se non o estades non vos preocupedes, que vos deixará unha boa morea de castañas para que as comades e pode que algún agasallo tamén!
Se queredes descubrir a historia do Apalpador, mirade este vídeo!
E aquí tedes dous contos do Apalpador.
E para enredarvos dous libros LIM sobre o Apalpador.PICA AQUÍ!
E TAMÉN AQUÍ!
viernes, 30 de noviembre de 2012
miércoles, 28 de noviembre de 2012
CONTOS DE HANS WILHELM
Hans
Wilhelm (1945) é un escritor alemán-americano. É autor e ilustrador de máis de 200 libros, case todos infantiles, que están traducidos en vinte idiomas diferentes. Ten gañado numerosos premios internacionais.
Aquí tedes varios dos seus contos.
QUE DESASTRE! A historia dun porquiño moi limpo cunha familia moi sucia.
Pica aquí para lelo!
TAIRÓN EL HORRIBLE. A historia do dinosauro Bonifacio.
Pica aquí para lelo!
TAIRON EL SUPERTRAMPOSO. Tairon é o peor inimigo do dinosauro Bonifacio.
Pica aquí para lelo!
Aquí tedes varios dos seus contos.
QUE DESASTRE! A historia dun porquiño moi limpo cunha familia moi sucia.
Pica aquí para lelo!
TAIRÓN EL HORRIBLE. A historia do dinosauro Bonifacio.
Pica aquí para lelo!
TAIRON EL SUPERTRAMPOSO. Tairon é o peor inimigo do dinosauro Bonifacio.
Pica aquí para lelo!
martes, 20 de noviembre de 2012
TRABALLAMOS POLA IGUALDADE DE XÉNERO
A asociación europea "Du Coté de Filles" ( A favor das nenas) ofrécenos dous interesantes contos animados para traballar pola igualdade entre as nenas e os nenos.
- Unha feliz catástrofe. Este conto pretende que o alumnado dialogue sobre o desigual e inxusto reparto de traballos que históricamente existiu entre homes e mulleres.
Pica aquí para ver!
Rosa Caramelo. Este segundo conto narra a historia de Margarida, a elefanta que nunca se puxo rosa. Nel critícanse os roles de xénero asignados a nenas e nenos dende o nacemento.Pica aquí para ver!
martes, 6 de noviembre de 2012
CHEGAN AS PRIMEIRAS NOVIDADES!
O SAMAÍN
O mércores 31 de outubro, pola tarde, fixemos unha pequena conmemoración sobre o Samaín na que os pequechos do cole cantaron e bailaron e os maiores contaron contos. PASÁMOLO DE MEDO!!!!
Así estivo a nosa biblioteca para conmemorar o Samaín, na antesala da biblioteca (no corredor) tamén se puxeron libros de medo para que o alumnado poidera disfrutar deles.
PICA AQUÍ PARA VER MÁIS!
CONTOS BILINGÜES
Informamos que cada quince días na biblioteca do cole, previo anuncio, na hora do recreo terá lugar unha sesión de contos coa colaboración da axudante de conversa Judith, deste xeito o conto será lido en inglés e logo finalmente traducido a castelán. O alumnado poderá ter un intercambio lingüístico bilingüe coa compañeira americana e sobre temas relacionados co conto desa sesión. ANIMÁDEVOS E VIDE Á BIBLIOTECA.
Aí vai unha foto do xoves 26 de outubro sobre o conto " O home de xenxibre"
Aí vai unha foto do xoves 26 de outubro sobre o conto " O home de xenxibre"
LIBRO LIM DA AUGA
Ola, rapaces e rapazas! Aquí vos deixamos un LIBRO LIM, creado por
compañeiros de outros colexios, para ir introducíndonos un pouquiño nun
tema tan interesante e tan vital como é o tema da AUGA. Pica aquí para
entrar no LIBRO LIM
PICA AQUÍ!
PICA AQUÍ!
PROXECTO AUGA
Ola, no colexio comezamos xa a traballar sobre a auga, todas as aulas teñen unha mesa " a mesa da auga" que se irá enchendo de cousiñas relacionadas coa auga. Ademais cada curso está a elaborar un vocabulario relacionado coa auga. Pouco a pouco irémosvos informando.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)