Que misterio se oculta no fondo dunha sopa de letras? Aquí deixo unha belísima e inquietante animación que ofrece a resposta. A peza foi creada por Simon Moreau, Joris Bacquet e Bastien Dubois, (estudantes franceses de Supinfocom, unha escola de animación con sedes en Francia e na India). Conta a historia dunha nena que cae no interior dunha sopa de letras e descobre o que alí se agocha...
(Fonte: blog Xogos de Lingua)
Por iso, agora vos propoño... resolver estas sopas de letras tan interesantes.
lunes, 23 de abril de 2012
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
Supoño que hoxe lembrástedes que é o día do libro, pois propoñémosvos unhas cantas historias de Hans C. Andersen, o autor de moitos dos contos que coñecemos aquí.
miércoles, 11 de abril de 2012
OS NOSOS BOSQUES
Despois de tanto traballo, un día decidimos que tiñamos que mostrar todo o que aprendimos sobre os nosos bosques. E así foi que temos temas moi variados: A FRAGA, TIPOS DE BOSQUES, QUE NOS DAN OS BOSQUES....
De Collages |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)