viernes, 21 de diciembre de 2012

LIBROS PARA O NADAL

Coincidindo co día das vacacións de Nadal e  para celebralo con libros, organizamos un mercado  de libros con exemplares procedentes 
da biblioteca. Coas vendas mercaremos  máis novidades á volta das vacacións.



NOVIDADES DE DECEMBRO

Queremos que cada mes vaian aparecendo libros novos na biblioteca.  Aquí deixamos as  novidades do mes de decembro, que, inda que nos retrasamos un pouquiño en poñelas no blog, levan con nós todo o mes.

martes, 18 de diciembre de 2012

CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR...

Para os máis pequerrechos do colexio, vai adicado este conto que escoitastes na biblioteca e que podedes recordar durante as vacacións nas vosas casas.
Esperamos que os Reis Magos vos traian moitas cousas, xa que vos portastes moi  ben.
E que non vos pase coma a Martiño, que lle deron ganas de ir mexar...na noite de Reis!

domingo, 16 de diciembre de 2012

A PEQUENA VENDEDORA DE MISTOS

Para os que foron escoitar  á biblioteca"A pequena vendedora de mistos",  e tamén  para os que non foron, deixámosvos unha pequena curta baseada no famoso conto de Hans Christian Andersen.
Esta curta estivo nominada aos premios Oscar de curtas de animación no ano 2007.

jueves, 13 de diciembre de 2012

CONTOS POLO NADAL


A nosa Biblioteca unha vez máis volta a ser protagonista no noso centro. Neste caso con sesións de animación á lectura. O día 13 teremos contacontos:"A vendedora de mistos". O luns 17 conto bilingüe, como vimos facendo quincenalmente. Os días 19 - 20 e 21 Clube de lectura sobre a obra "Cuento de Navidad". ANIMÁDEVOS, vinde a escoitalos!!!

lunes, 10 de diciembre de 2012

AS PANXOLIÑAS VAN ENTRANDO NO COLEXIO!


 Achégase o Nadal e, con el, o tempo das panxoliñas.
Para comezar nada mellor que aquela que di:
"Cun sombreiro de palla, un galego a Belén foi..."



UN POUCO DE MÚSICA!

Un pouco de música para todas as idades, para divertirvos cantando o mesmo ca eses rapaces e rapazas dos vídeos.
ENTRADE AQUÍ!

CHOVEN PANXOLIÑAS SOBRE O APALPADOR

Ola amiguiños, como cada ano recuperamos por estas datas a figura do Apalpador. Ademais, nesta ocasión relacionámolo co proxecto deste curso "A auga, fonte de vida", de aí a idea das pingas de auga cargadiñas de panxoliñas que caen sobre o Apalpador.
Lembrámosvos que neste blog, unhas entradas máis abaixo, podedes atopar varios enlaces a libros sobre o Apalpador.


   Graciñas ás familias pola vosa
aportación  con estas pingas de Nadal.

                  BO NADAL!!!

martes, 4 de diciembre de 2012

AUGA FONTE DE VIDA

Seguimos a traballar no "Proxecto da  Auga". Esta é a foto de como temos a antesala da biblioteca, con imaxes de lugares onde podemos atopar auga, dende o noso propio corpo ata debaixo da terra. Tamén temos un pequeno xogo para que o alumnado poida suxerir máis lugares onde hai auga.

viernes, 30 de noviembre de 2012

É TEMPO DE NADAL E CHEGA O APALPADOOOR...!

Rapaces e rapazas, nenos e nenas! O Apalpador está a piques de baixar das montañas para apalparvos as barrigolas e ver se estades ben mantidos. Se non o estades non vos preocupedes, que vos deixará unha boa morea de castañas para que as comades e pode que algún agasallo tamén! Se queredes descubrir a historia do Apalpador, mirade este vídeo!

E aquí tedes dous contos do Apalpador.

E para enredarvos dous libros LIM sobre o Apalpador.PICA AQUÍ!
E TAMÉN AQUÍ!

miércoles, 28 de noviembre de 2012

CONTOS DE HANS WILHELM

 Hans Wilhelm (1945) é un escritor  alemán-americano. É autor e ilustrador de máis de 200 libros, case todos infantiles, que están traducidos  en  vinte  idiomas  diferentes. Ten  gañado numerosos premios internacionais.
Aquí tedes varios dos seus contos.
 QUE DESASTRE! A historia dun porquiño moi limpo cunha familia moi sucia.
Pica aquí para lelo!
 TAIRÓN EL HORRIBLE. A historia do dinosauro Bonifacio.
Pica aquí para lelo! 
TAIRON EL SUPERTRAMPOSO. Tairon é o peor inimigo do dinosauro Bonifacio.
Pica aquí para lelo! 

martes, 20 de noviembre de 2012

TRABALLAMOS POLA IGUALDADE DE XÉNERO


A  asociación europea "Du Coté de Filles" ( A favor das nenas) ofrécenos dous interesantes contos  animados para traballar pola igualdade entre as nenas e os nenos. 
  • Unha feliz catástrofe.  Este conto pretende que o alumnado dialogue sobre o desigual e inxusto reparto de traballos que históricamente existiu  entre homes e mulleres.
    Pica aquí para ver!

Rosa Caramelo. Este segundo conto narra a historia de Margarida, a elefanta que nunca se puxo rosa. Nel critícanse os roles de xénero asignados a nenas e nenos dende o nacemento.Pica aquí para ver!

 

martes, 6 de noviembre de 2012

CHEGAN AS PRIMEIRAS NOVIDADES!



Un a ano máis, o colexio de Vilatuxe foi admitido no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) e coa admisión chega tamén o  presuposto para adquirir novos fondos. Estas son as primeiras novidades!


O SAMAÍN




O mércores 31 de outubro, pola tarde, fixemos unha pequena conmemoración sobre o Samaín na que os pequechos do cole cantaron e bailaron e os maiores contaron contos. PASÁMOLO DE MEDO!!!!

Así estivo a nosa biblioteca para conmemorar o Samaín, na antesala da biblioteca (no corredor) tamén se puxeron libros de medo para que o alumnado poidera disfrutar deles.
 PICA AQUÍ PARA VER MÁIS!

CONTOS BILINGÜES

Informamos que cada quince días na biblioteca do cole, previo anuncio, na hora do recreo terá lugar unha sesión de contos coa colaboración da axudante de conversa Judith, deste xeito o conto será lido en inglés e logo finalmente traducido a castelán. O alumnado poderá ter un intercambio lingüístico bilingüe coa compañeira americana e sobre temas relacionados co conto desa sesión. ANIMÁDEVOS E VIDE Á BIBLIOTECA.
Aí vai unha foto do xoves 26 de outubro sobre o conto " O home de xenxibre"

LIBRO LIM DA AUGA

 Ola, rapaces e rapazas! Aquí vos deixamos un LIBRO LIM, creado por compañeiros de outros colexios, para ir introducíndonos un pouquiño nun tema tan interesante e tan vital como é o tema da AUGA. Pica aquí para entrar no LIBRO LIM
PICA AQUÍ!

PROXECTO AUGA

Ola, no colexio comezamos xa a traballar sobre a auga, todas as aulas teñen unha mesa " a mesa da auga" que se irá enchendo de cousiñas relacionadas coa auga. Ademais cada curso está a elaborar un vocabulario relacionado coa auga. Pouco a pouco irémosvos informando.

sábado, 14 de julio de 2012

PARA OS MÁIS CURIOSOS......

Preparádevos, que o cole tamén mudará convertíndose nun "mar de sorpresas".

miércoles, 11 de julio de 2012

SAIDA FIN DE CURSO

Menudas abelliñas están a zumbar por aquí...



jueves, 21 de junio de 2012

DESPEDIDAS... CON ALEGRÍA

OS ALUMNOS DE 5º E 6º QUERÉMONOS DESPEDIR DO CURSO....



Nós marchamos, pero outros ocuparán o noso lugar


FELIZ VERÁN!!  
A TODOS OS ALUMN@S E PROFES DO 
CEIP VICENTE ARIAS DE LA MAZA

martes, 19 de junio de 2012

SAÍDA CARBALLEIRA

Esta é a visita que fixemos polas carballeiras, soutos e outros lindes marabillosos do noso entorno. Acompañounos Miguel Agulló e ensinounos moitas cousiñas interesantes....

Vemos máis?

lunes, 18 de junio de 2012

POESÍA, POEMA, POEMARIO




      Coa rima fomos traballando,         
      os bosques, tema a tocar;
      certas plantas estiveron cantando,
      e a imaxinación... a voar!!


Agora poderemos ver como quedou o noso mural da Biblioteca, de poesías que vós fóstedes creando ou copiando.


Quérelas ver?



lunes, 11 de junio de 2012



ANTROPONIMIA E TOPONIMIA




Aquí temos o froito do voso traballo. Despois de xuntar todo o que nos trouxéstedes, estes son os nomes de lugares e apelidos de persoas que están moi relacionados coas árbores, arbustos e outras herbas...


DOCUMENTO

jueves, 7 de junio de 2012

5 DE XUÑO: DÍA DO MEDIOAMBIENTE

Xa sabemos e requetesabemos que temos que coidar o noso planeta, que a cousa é seria.
Pois, lembrando que este ano cúmprense 10 da catástrofe do Prestige (aquel barco que derramou miles de toneladas de petroleo ao mar)....
ollade o que fixeron outros heroes anónimos polas nosas praias:  Visita

Fuente: Naciones Unidas


"Si supiera que el mundo se ha de acabar mañana, aun así plantaría un árbol".
Martin Luther King, Jr.



VAIA MURAL FIXERON OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS



AS NOSAS LETRAS GALEGAS MÓSTRANSE ASÍ:


No muro exterior do patio, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria axudados por algúns mestres, pintaron uns debuxos alusivos ás Letras Galegas e ao Bosque. Que vos parece?
Hai máis fotos...

martes, 8 de mayo de 2012

Letras Galegas 2012          Valentín Paz Andrade


Menudo cartel (clica aquí)

lunes, 7 de mayo de 2012

LETRAS  GALEGAS  2012


Que tal mociños e mociñas!!! Xa se vai aproximando esa data na que os galegos e galegas festaxamos o día da nosa LINGUA. Por que ter unha lingua propia é un dos símbolos máis importantes dun pobo, da xente, da súa historia... Claro! O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Esta ano 2012 adícaselle a VALENTÍN PAZ ANDRADE.

E para que vaiades coñecendo un pouco sobre ese persoeiro, aquí vos deixo un pouco de información que irá aumentando día a día.
Un saúdo do voso amigo FLAPI.

Actividade para Educación Infantil                                         Actividade 1º ciclo EP


Actividade para 2º ciclo EP                                                   Actividade 3º ciclo EP


lunes, 23 de abril de 2012

NO FONDO DUNHA SOPA DE LETRAS...

Que misterio se oculta no fondo dunha sopa de letras? Aquí deixo unha belísima e inquietante animación que ofrece a resposta. A peza foi creada por Simon Moreau, Joris Bacquet e Bastien Dubois, (estudantes franceses de Supinfocom, unha escola de animación con sedes en Francia e na India). Conta a historia dunha nena que cae no interior dunha sopa de letras e descobre o que alí se agocha...                                                                                                                                                                     

(Fonte: blog Xogos de Lingua)

Por iso, agora vos propoño... resolver estas sopas de letras tan interesantes.

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO



Supoño que hoxe lembrástedes que é o día do libro, pois propoñémosvos unhas cantas historias de Hans C. Andersen, o autor de moitos dos contos que coñecemos aquí.





22 DE ABRIL:  DÍA  DA TERRA

miércoles, 11 de abril de 2012

OS NOSOS BOSQUES

Despois de tanto traballo, un día decidimos que tiñamos que mostrar todo o que aprendimos sobre os nosos bosques. E así foi que temos temas moi variados: A FRAGA, TIPOS DE BOSQUES, QUE NOS DAN OS BOSQUES....

De Collages



domingo, 26 de febrero de 2012

CARNAVAL, CARNAVAL...

Neste entroido pasámolo moi ben comendo nas orellas, nas filloas, nas rosquillas, e ata tiñamos gofres, MMMM!!!
Claro que todo isto foi grazas á boa man dos pais, nais, avoas, tías, irmáns, etc... que dedicaron o seu tempo a cociñar cousas tan saborosas.

Pero é que tamén tivemos moitos disfraces... querédelos ver?



miércoles, 8 de febrero de 2012

VISITA DE MARINÉ LORENZO CORCOBA

O día 7 de febreiro veunos visitar a autora de "Un soño na bandexa", e deixounos moi bo sabor coas súas palabras.


Os nenos e nenas quedaron abraiados cando lles contou como escribira este libro...

miércoles, 1 de febrero de 2012

QUERES SABER COMO COIDAR O NOSO PLANETA...?







Podes darnos a tú opinión e algún consello que queiras que publiquemos.

viernes, 20 de enero de 2012

O  QUE  OS  NENOS  PODEN  FACER  PARA  CAMBIAR  O  MUNDO


Esta nena que ides ver neste video foi capaz de que os representantes da ONU a escoitaran para que entendesen que é posible un mundo mellor.

ver video

viernes, 13 de enero de 2012

CELSO   EMILIO   FERREIRO


Hai 100 anos naceu un home chamado Celso Emilio Ferreiro, un home galego e preocupado por Galicia.


Algúns dos seus poemas foron cantados por artistas galegos.... por exemplo... Que vos parece este?


Tamén podemos desfrutar coa lenda de María Soliña, coñecédela?