Flappi, a nosa mascota da biblioteca, preséntavos o novo proxecto deste curso:
"OS BOSQUES"
Eses amigos que temos cerca de nós e que ás veces esquecémonos do importantes que son.
As actividades son variadas e prácticas:
* Cada aula escollerá unha das árbores que temos no colexio e colocaremos a súa imaxe e nome na porta.
* Sairemos visitar un bosque de ribeira.
* Xogaremos coa fantasía: seres do bosque, reais e imaxinarios, encherán os nosos contos e historias.
* Todas as actividades relacionadas coa Biblioteca terán unha perspectiva máis verde: A RECICLAXE é outro punto a tocar.
E así, ó longo de todo o curso, iremos cambiando a nosa visión sobre as árbores, a súa función, os problemas que están a sufrir os bosques, a contaminación, a reutilización de materiais, saber o que é compostaxe, etc...