viernes, 10 de mayo de 2013

EXPOSICÓN DA BIOGRAFIA E FOTOS DE VIDAL BOLAÑO

Reunimos fotografías  de Roberto Vidal Bolaño para saber como era e coñecelo un pouquiño máis.

POEMAS DA AUGA

Fomos á biblioteca, buscamos poemas relacionados coa auga nos libros de poesía, ampliámolos e agora estamos preparando a súa lectura na clase, para lelos na biblioteca diante dos demais alumnos.


sábado, 4 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013



Para coñecer un pouquiño ao  escritor homenaxeado no día das Letras Galegas deste ano, tedes aquí unha páxina á que compañeiros de diferentes colexios de Galicia foron enviando os seus traballos para compartir con todos nós. Non esperes máis, entra xa e descubre a ROBERTO VIDAL BOLAÑO!
PICA AQUÍ!

PREMIOS CONCURSO DA AUGA

Estes son os afortunados do "Concurso da Auga". Aquí están na biblioteca, onde se realizou o sorteo, rodeados dos compañeiros e compañeiras.Parabéns!



miércoles, 24 de abril de 2013

A MITOLOXÍA DA AUGA

Maruxainas, lumias, princesas troitas, cidades asolagadas, ninfas, náiades, nereas, sereas... Todos eses seres e moitos máis viven nas augas do mar, dos ríos, dos lagos, das lagoas,das fontes, dos pozos... 
Para descubrilos, aí tedes o taboleiro da biblioteca e os libros que estes días están expostos dentro e fóra da biblioteca.


viernes, 12 de abril de 2013

CONCURSO SOBRE A AUGA



Aquí tedes algúns enlaces  para obter información  e respostas a algunhas das  preguntas do concurso sobre a auga.

Para participar tedes que facer o seguinte:
1- Coller unha ficha coas dez preguntas propostas e responder correctamente as dez.
2-Introducilas, co voso nome e apelido, na furna instalada na mesa verde.

Entre todas as fichas coas dez respostas correctas, sortearemos UN LIBRO.

Veña, poñedevos en movemento e a participar!
GEYSER

A HIDROSFERA

TSUNAMI

MAREMOTOS

miércoles, 10 de abril de 2013

ADEUS A JOSÉ LUIS SAMPEDRO



José Luis Sampedro finou o pasado domingo. Unha figura querida e respectuosa, crítica e comprometida que deixa un importante legado. Discreto ata no xeito de despedirse.
José Luis Sampedro:
"... La crisis pasará, por supuesto, lo hará a costa del sufrimiento de todos nosotros, porque, con la mitad del dinero que se pretende inyectar para que un banco esté lleno, se podría evitar el recorte en la educación y la sanidad". 
"Hay dos clases de economistas; los que quieren hacer más ricos a los ricos y los que queremos hacer menos pobres a los pobres".
"Los recortes se aceptan por una de las fuerzas más importantes de la humanidad, el miedo"
"El tiempo no es oro; el oro no vale nada. El tiempo es vida"
"Qué importa mi boca cerrada, ¡cuando piensas con el alma te oyen!" 
"Hay una cosa que me preocupa: hasta qué punto se están destruyendo valores básicos. No hablo ya de derechos humanos, sino de la justicia, la dignidad, la libertad, que son constitutivas de la civilización"